Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Alégrome que estas cousas do “corazón” aparezan de cando en vez en Galicia nos medios de comunicación, por aquelo de que non todo van ser cousas rancias de Madrid. Ben é certo que a esta noticia, a da recente voda dos bailaríns Adrián Esperón e Noemi Abal, contribuiu o que durante algún tempo o noso campión estivo exercendo de mestre de baile con Elena Tablada nun programa televisivo da competencia.
Pero antes de todo iso, moito antes, comezaba esoutro fenómeno na TVG, cando o Director do “Tequelexou”, Carlos Alleres, puxo en marcha un programa que eu combinaba co “Supermartes” e coa “Sesión Vermú” na Radio Galega. Foi toda unha nova aposta nunha Comunidade onde os chamados entón “Bailes de Salón” e hoxe “Baile Deportivo” brillaban pola súa ausencia.
E alí, na Sala “Lennon” de Estrada onde se gravaba o pograma, comezaban a aparecer rapaciños moi novos, como o propio Adrián que daquelas tiña 8 anos, con todas as ganas de aprender e ir facendo canteira. Tiveron a valentía de competir contra outros rapaciños e rapaciñas chegados de terras catalás onde xa nos levaban anos luz; e chegaban acompañados de auténticos mestres do baile e mesmo xa con títulos europeos. Daba igual, o caso era dirvertirse e ir formando canteira, e se os traxes de baile aínda non tiñan nada que ver co brillo que xa traían os nenos cataláns esponsarizados, non pasaba nada, o caso era ir aprendendo os pasos dos que xa sabían moito máis.
Alégrome que estas cousas do “corazón” aparezan de cando en vez en Galicia nos medios de comunicación, por aquelo de que non todo van ser cousas rancias de Madrid.
Pois aí comeza a carreira artística deste noso bailarín, que nos seus inicios bailou moito e ben con Patricia Martínez, de Mos, con quen tanto viaxou, acadando onde veces o Campionato de España, sendo semifinalistas de dous europeos e dous mundiais, para logo percorrer China, Luxemburgo, Madrid, Canadá, París, Bilbao e, por suposto, sempre Italia, a onde hai que ir necesariamente moitas veces na vida profesional dos bailaríns.
O equipo do “Tequelexou” sempre se sentíu moi honrado con poñer os bailes de salón nos nosos pobos e cidades. Foron moitas as asociacións que se formaron e foron tamén moitas as Escolas de Baile que ían aparecendo. Aparecen entusiastas do baile que montan as súa propias escolas como a “Escola Pasos Galicia”, comandada polo profesor Miguel Abreu que nunca quixo deixar de organizar o prestixioso “Marín Atlantic Open” que chegou a categoría internacional, sendo os “bailarinos” portugueses os máis interesados.
Tiveron a valentía de competir contra outros rapaciños e rapaciñas chegados de terras catalás onde xa nos levaban anos luz; e chegaban acompañados de auténticos mestres do baile e mesmo xa con títulos europeos.
E falo de Portugal porque ao pasar dos anos e darlle vida ao “Bamboleo” na TVG, tivemos a feliz idea de manter esta sección de baile por onde pasaron todos aqueles nenos e nenas que medraran con nós e outros que desde o País veciño fixeron do “Bamboleo” un programa de culto no seu País para todos os amantes do baile, como foi o aso da “Academia de Bailado de Vila Nova de Famalicâo”, con quen sempre tivemos unha marabillosa relación.
Sempre recordarei tamén con moito cariño e simpatía as tempadas que puxemos a bailar no plató aos avós e avoas cos seus netos e netas, sendo un dos momentos de maior audiencia do programa pola súa tenrura.
E con esa ternura e ese amor casaron hai uns días na “Lanzada” os bailaríns Adrián Esperón e Noemí Abad; non puido faltar o baile de noivos, pero nesta ocasión non foi o Valse Clásico, senón unha preciosa “Rumba-Bolero” coa que tanto teñen triunfado. Para alguén que vin medrar persoal e profesionalmente, e de que maneira, soamente quero desexarlle a el e a Noe que sexan inmensamente felices e que nunca paren de bailar.
Sempre recordarei tamén con moito cariño e simpatía as tempadas que puxemos a bailar no plató aos avós e avoas cos seus netos e netas, sendo un dos momentos de maior audiencia do programa pola súa tenrura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas