Volta á sesión vermú radiofónica

Publicado: 06 sep 2024 - 21:23 Actualizado: 06 sep 2024 - 21:56

Non podía levar máis grande alegría que dentro de esta xubilación audiovisual que me marquei, a Dirección e Xefatura de Progamas da Radio Galega me convidasen a retomar a “Sesión Vermú” para os mediodías dos sábados, de doce do mediodía a dúas da tarde; o mesmo que no seu día me pasou co convite de seguir colaborando cos meus amigos xornalísticos de “La Región” de Ourense e “Atlántico Diario” de Vigo. E falando de xornalistas quero mandar esta semana o meu cariño á gran familia, persoal e profesional, de Javier Sánchez de Dios, que se nos foi e que tanta “brasa” me deu hai anos no seu programa radiofónico, e que tanto nos quixemos despois cando nos coñecimos persoalmente, mesmo chegando a traballar felizmente con él e con Manuel Casal en Radio Líder.

Estou nesa doce xubilación que me permite, sen abafo e coidando da miña saúde, seguir en contacto con todos aqueles artistas e demais xente marabillosa que fai que o País teña mellor música e mellor humor, e no que cada día que pasa vai aparecendo un montón de xente nova que vén empurrando e agasallando con seiva xuvenil aos que xa levamos anos diante du micro, dunha cámara, nun set ou nun escenario.

Despois de colaborar como xurado nas dúas semifinais e a final de “Recantos”, pretendo nesta miña etapa radiofónica facer de altofalante para todos eses e esas cantantes que loitan por chegar ao máis alto no concurso televisivo; faremos que cada semana nos conten e canten as súa vidas, como hoxe o farei con Bea García.

E dentro desa xente estupenda que leva facendo País teño que incluir ao meu amigo Xosé Ramón Gayoso, con quen vou conversar nesta primeira “Sesión Vermú”. Despois de colaborar como xurado nas dúas semifinais e a final de “Recantos”, pretendo nesta miña etapa radiofónica facer de altofalante para todos eses e esas cantantes que loitan por chegar ao máis alto no concurso televisivo; faremos que cada semana nos conten e canten as súa vidas, como hoxe o farei con Bea García, das Terras do Eume, flamante gañadora da pasada edición.

Tamén nos falará Gayoso da recuperación do “Vai de Baile” que moitos de vós xa gozastes en anteriores tempadas e do que eu gusto especialmente. Ver á xente nova en roupa de rúa bailando as cantigas das súa avoas, que este ano reciben a merecida homenaxe no “Día das Letras Galegas” é toda unha gozada.

Como gozada é poñerme diante dos micros da Radio Galega nun horario estupendo, nesas horas do sábado nas que moitos e moitas de vós estades preparadando o xantar, ou vades conducindo para ir degustalo, ou estades traballando, ou gozando das vosas horas de ocio coa radio posta. Para todos e todas está pensada esta “Sesión Vermú” que hoxe comeza.

O mesmo que fixo Gayoso conmigo cando contei en “Luar” o que me estaba pasando, a querida Susana contará no programa o que lle apeteza contar, como fixo no seu día a gran Guadi Galego.

Tamén teremos á grande gaiteira Susana Seivane, que por problemas de saúde tivo que interromper a súa xira deste verán. O mesmo que fixo Gayoso conmigo cando contei en “Luar” o que me estaba pasando, a querida Susana contará no programa o que lle apeteza contar, como fixo no seu día a gran Guadi Galego. Nesto das doenzas o único ou única que ten que xestionar a información é o propio doente contándolle ao seu público o que realmente lle quere contar. Porque ás veces é preferible que o coñezan pola nosa boca que por faladurías nas que te matan directamente. As redes sociais, que para outras cousas son moi valiosas, poden ser moi perigosas transmitindo bulos que fan moito dano. Sempre hai alguén que de xeito anónimo está disposto a soltar os seus máis baixos instintos.

Pois iso, que volvo á que foi a miña casa durante tantos anos e onde tan ben o pasei, como agardo que o sigamos pasando desde este mediodía do sábado na “Sesión Vermú”da Radio Galega.

Contenido patrocinado

stats