Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O 15 de decembro de 1895 (fai hoxe exactamente 130 anos), en plena Guerra da Independencia de Cuba, tivo lugar un dos combates máis significativos da Invasión de Oriente a Occidente: a Batalla do Mal Tempo. O enfrontamento ocorreu preto de Cruces, no centro da Illa, e demostrou a capacidade ofensiva do Exército Liberador fronte ás forzas coloniais españolas.
As tropas mambisas (guerrilleiros independentistas dominicanos, cubanos e filipinos), comandadas polos xenerais Máximo Gómez e Antonio Maceo, avanzaban cara ó occidente da Illa co obxectivo de levar a guerra ós principais centros económicos do réxime colonial. No seu camiño atoparon forzas españolas superiores en armamento e disciplina formal, pero non en mobilidade nin coñecemento do terreo.
Porén, máis alá das cifras, o impacto simbólico foi enorme: quedaba demostrado que o poder militar español podía ser derrotado en campo aberto.
En Mal Tempo, o exército español intentou deter o avance invasor con unidades de infantaría e cabalaría. A resposta mambisa foi fulminante. Nunha acción que durou apenas uns 15 minutos, as forzas independentistas lanzaron unha carga ó machete que desorganizou por completo ás columnas peninsulares.
O choque deixou numerosas baixas do lado español e mínimas perdas entre os insurrectos (fálase de 200 baixas no exército español por tan só catro mortos e catro feridos no Exército Liberador), un resultado que sorprendeu ós mandos coloniais e elevou a moral do cubanos. Porén, máis alá das cifras, o impacto simbólico foi enorme: quedaba demostrado que o poder militar español podía ser derrotado en campo aberto.
Para a poboación cubana, a noticia propagouse coma unha mensaxe de esperanza. Para España, foi un sinal alarmante de que a guerra non se limitaría ó oriente rebelde. A Invasión continuou a súa marcha, atravesando Cuba de leste ó oeste, sen que os intentos de contención lograran detela.
Hoxe, a Batalla do Mal Tempo lémbrase como un dos momentos clave da epopea independentista. Un enfrontamento breve, baixo o sol do centro de Cuba, que confirmou que a vontade de liberdade podía máis que o poder de todo un imperio. A proba é que, en días posteriores, o Exército Español sufriu outro rosario de derrotas ocasionadas polos insurxentes crioulos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
O mundo ten alzheimer?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de febrero
PARA RESCATE Y EVACUACIÓN
La UME despliega 250 militares y 90 vehículos especializados en Huelva, Cádiz y Granada ante el temporal