Os xeados da Praza Maior

Publicado: 22 oct 2024 - 23:22

A Praza Maior sempre foi o centro neurálxico de Auriabella, tendo, secularmente, un atractivo especial para os naturais e estraños. A sua historia artística, literaria, política, social e relixiosa veríase abocada ao ostracismo e esquecemento se non tiveramos en conta a súa sociabilidade e as aportacións dos personaxes do cumio da literatura, da investigación e o pensamento que aportaron os escritos e as novelas que a converteron na “Atenas de Galicia”.

A Praza Maior foi, secularmente, o cerne vital de Auria Vella onde estaban situados os mais importantes negocios, foran dos maioristas ou ao por menor acompañados dos despachos de profesionais liberais (avogados, médicos...) que se viron acompañados de comerciantes, tendeiros, cafetarías... que posuían locais fixos ou vendedores ambulantes, que ían aumentando cada feira celebrada o 7 de cada mes.

Na Praza Maior concentrábanse os tres poderes vilegos: o político, na Casa do Concello ou “Casas Consistoriais”; o relixioso, no Pazo Episcopal, e, o social, no “Casino dos Cabaleiros” e no Espolón. Este Espolón ocupa toda a fachada leste da Praza Maior, construído cara a 1855; forma a parte máis diferente da praza, sendo o primeiro paseo da cidade, o dos señoritos, onde se reunía a xente culta, con poderío e posibles; concentrábanse profesionais, tertulias, negocios dos mais variados e importantes. O Espolón era o espello da cidade.

Otero confesou con orgullo repetidamente que os seus pais, Eladia Pedrayo e Enrique Otero Sotelo, viviron na casa número 16 deste Espolón

Neste Espolón, a sociabilidade e o clasicismo vilego se manifestaba no ambiente con ledicia e felicidade: de aqui saían, acordos, trasacordos, mesmo compromisos matrimoniais. Ramón Otero Pedrayo opinaba: “Desde o Espolón contemplou o Ourense distinguido e cultivado o paso das fanfarrias, as tristezas, a palpitación do XIX”. Otero confesou con orgullo repetidamente que os seus pais, Eladia Pedrayo e Enrique Otero Sotelo, viviron na casa número 16 deste Espolón, mesmo casaron nela e o seu pai exerceu ali a avogacía no despacho que daba á praza da Madalena.

Preto da “Casa dos Lentes”, 18, e a dos Otero nos soportais do Espolón, na primeira metade do século XIX, existiu un dos históricos cafés pracegos: o “Cafetín”, de Tiburcio Losada, que ofrecía licores de importación e era pioneiro na venda de xeados na cidade.

José Adrio Menéndez, no libro “Del Orense Antiguo 1830-1900”, en relación con este café á vez que xeadería do Espolón na praza do que nos informou, para 1833, no capítulo titulado “Los primeros sorbetes”, recoñecía a súa categoría. Así opinou:

“Un conocidísimo orensano, Don Tiburcio Losada, de honorabilidad máxima, premiada con generales simpatías, dueño de un primitivo cafetín establecido bajo los soportales de la Plaza Mayor, tuvo noticias de que en la Corte y en otras capitales de importancia se servía en los establecimientos similares al suyo una especie de bebida refrescante que llamaban ‘helado’, hecha a base de nieve, con leche, azúcar y polvo de canela. No anduvo remiso nuestro buen hombre en inquirir noticias de la bebida en cuestión, tan adecuada a aquellos días de molesta temperatura. Escribió a Madrid, pidiendo con urgencia datos y fórmulas, deseoso de implantar un ‘negocio de temporada’ que había de producirle pingües rendimientos y, ya llegados aquellos, y en posesión de cuatro arrobas de nieve, traídas expresamente de la Sierra de Queixa a lomos de pollino, procedió, sin demora, a remozar el anticuado moblaje del cafetín.

“Al mostrador mugriento y desigual, tras el que se alzaba el busto rozagante del cafetero, dióse una capa de albayalde. Las tres mesas enclenques de madera de pino sustituyéronse por seis de barnizado lacado; los bancos fuéronlo por sillas de averdosas da paja; colgáronse de las paredes cuadros vistosos y allá, al fondo, sobre estante minúsculo, veíanse botellas con etiquetas manuscritas, en las que se leía: Tostado del Rivero, Ginebra de Holanda, Aguardiente del País, Licor de Café y Anís en Rama.

“Llegó, por fin, el 4 de julio, día señalado de antemano para servirse el refresco apetecido, y el cafetín se llenó de bote en bote. Ni una silla vacía, ni un hueco desocupado. Dos muchachas encandiladas y un mocetón robusto, que en momentos de asueto portaba maletas a las tartanas viajeras, no tenían reposo, ante las peticiones exigentes e imperativas.

“Los ‘helados’ iban a todas partes del local, en pocillos de loza de Sargadelos, con satinadas cucharillas de boj. Aquello fue, si no la apoteosis de D. Tiburcio, cuando menos un éxito resonante, de copiosos ingresos. Dos cuartos costaba la ‘ración’, que sólo una despreciada minoría de lugareños dijo que era ‘excesivamente’ escalofriante.

“Así se inauguró la venta de ‘helados’ en Ourense”.

Este Ourense do XIX avanzou con categoría da Praza cara á modernidade.

Contenido patrocinado

stats