Opinión

Recapitulación veraniega

Pois parece que o verán quere despedirse tal como comezou, dando poucas alegrías aos que buscan sol e praia, con esas néboas que os vigueses sempre dixeron que eran propias da segunda metade de “agosto, frío no rostro” que dí o refrán que sempre lle oín os meus maiores, mentres que algúns visitantes de Cataluña ou Andalucía cando lle poñen un micro diante seguen dando gracias por poder botarlle unha mantiña á cama ou poñer unha “rebequiña” para sair pasear á fresca. Por se faltara algo cando esto escribo hai previsión de fortes tormentas polo noso Ourense querido, co cal xa temos música completa para animar este verán no que as festas volveron escasear e coas orquestras coidando de que nos se lles enfurruxen os instrumentos. Créanme que non foi nada doado conseguir formacións musicais para amenizar os Bamboleos e Luares deste último ano e medio, e houbo que facer filigranas para que o espectáculo non parase, cousa de agradecer a moitos profesionais que fixeron grandes esforzos por non faltar á cita coa música dándonos estupendos liderazgos de audiencia.

E se falamos de recoñecementos neste eido da cultura, non podo pasar de largo sen render a miña máis sincera homenaxe a moitos deses grandes artistas que non podendo subir a actuar aos seus impresionantes escenarios doutros anos, optaron por non deixarse “morrer ao caxato” e ofrecer a súa arte en pequenos recintos de cafeterías, restaurantes, e mesmo nas rúas máis comerciais das cidades. Créanme que cada vez que os vexo en directo ou a través das redes sociais non me sae outra palabra que “dignidad”; iso é ter oficio e o demais é conto. Pasar de actuar pola noite cun despregue de medios técnicos e escénicos que ben quixeran para sí os mellores artistas nacionais a facer a sesión vermú do mediodía seguinte nunha terraza sen toldo protector e sen un mínimo estrado que os enxalce, soamente está a altura de quenes lle plantaron cara á pandemia e deixaron o orgullo para outro momento. Moitos deles son amigos ou ben coñecidos por ter compartido conmigo moitas horas de radio e televisión, e hoxe quero manifestarlle o orgullo que sinto por esa actitud propia de quen asume ese outro dito que dí que “se a vida che dá limóns, fai limonada”. Aí seguen dando estopa os Hugo Torreiro, Diego Moreira, Diego Barbazán, Cristian Navarro, Tamara Pérez e Miguel Araujo, Angel Sevilla, El Combo Dominicano, Rafa Durán, Charlibau, e ducias de cantantes, monologuistas, magos, titiriteiros, actores, actrices, bailaríns e showmans en xeral, que unhas veces amparados polas axudas institucionais e outras por concellos ou asociacións que entenden que a cultura non pode parar, seguen dando o mellor de sí no escenario que lles toque. Non esquezamos que moitos deles son os que nos agasallaban coa súa arte de xeito totalmente altruista nos peores tempos da pandemia, e que nunca llo agradeceremos bastante.

Créanme que non son palabras valeiras nin un brinde ao sol o que acabo de expresar, é o meu profundo sentir e o meu máis sincero agradecemento para quenes fan posible que os programas de televisión sigan existindo, que os teatros non pechen, que os escenarios sigan irradiando luz e emoción, e que un País como o noso poda seguir tendo diversión e cultura, que non é pouca cousa.

Acaba este atípico verán, pero de todos depende que non acabe a música porque é tan necesaria para vivir como a agua que bebemos cada día. Vai por vós queridos colegas.

Te puede interesar