Xoán Antón Pérez-Lema
A proposta de cosoberanía de Teresa Táboas
DENDE SEIXO-ALBO
Avisita do papa León XIV deixounos unha mensaxe cargada de humanidade e de tolerancia. O arrecendo positivo desta visita puxo por riba das nosas conciencias realidades das que se poden extraer algunhas lecturas, dado que deixan ó descuberto contradicións importantes na vida de moitos que se din cristiáns e que a día de hoxe son practicantes. A principal mensaxe, na que fixo moito fincapé, foi no grande problema da emigración e o referido ó trato que se lle dá a esa xente que busca mellores forma de vida fuxindo de países onde a violencia ou as carencias económicas impiden ter unha vida minimamente digna. Esta mensaxe contraponse cos feitos que hoxe acontecen en parte desta vella Europa onde os migrantes pasan de seren cidadáns a estaren sinalados como delincuentes que soamente veñen a estas terras a crear inseguridade. Migrantes ós que se pretende levar a terceiros países a cambio de pagarlle ós Estados que os acollen en recintos pechados cantidades de cartos. E todo para acalar un clima de desordes e violencia contra esta xente, e sempre amparado por forzas políticas conservadoras que chegan a acordos coa extrema dereita e que poñen por diante a chamada “prioridade nacional”, o que implica marxinación e segregación.
Milei, este estrambótico e tolo presidente, pretende que na Arxentina se instalen moitas empresas de intelixencia artificial
O mundo no que vivimos non se fixo unicamente a partires dunha única raza, non. Os seres humanos foron creando sociedades a través das relacións humanas e comerciais entre iguais e diferentes, e a mestizaxe foi e segue a ser moi importante nesta terra. E dese xeito chegamos á sociedade actual, onde ninguén é dunha raza pura, onde a diversidade de credos e formas de vida fraguaron o que hoxe temos de positivo e tamén de negativo. O fundamento no que se basea á extrema dereita, e que a dereita caladamente ampara e non se di, é o poder dunha raza sobor das demais. Ou sexa, o que se chama supremacismo branco.
E noutro orden de cousas, Milei, este estrambótico e tolo presidente, pretende que na Arxentina se instalen moitas empresas de intelixencia artificial (IA). E para iso quere darlle todas as facilidades, pois di que coa IA crearanse empresas non humanas gobernadas por robots; empresas que non terán personalidade xurídica e que tomarán decisións que nos afecten a todos. Pola contra, o escritor e profesor universitario Yuval Noah Harari, nun artigo moi extenso publicado en medios americanos, di que sen control nin medo ás sanción e á cadea dos responsables destas empresas non humanas, a humanidade está en perigo. Logo di que estas empresas venden ideoloxía, polo que sen controles humanos, e sen normativa ética, son un perigo para a manipulación da xente. Tamén o papa León, na súa encíclica “Magnifica humanitas”, fala do perigo sen control da IA. En fin, a lección de humanismo cristián que deu o papa na súa visita a España é unha guía que serve para que pensemos e tomemos consciencia do valor dos principios que actualmente sustentan a humanidade, que non son outros que os dereitos de todos os seres humanos e a aposta de que a xente está sempre por riba da maquina. Manda un aviso: o mundo corre perigo de non ter un control ético e moral das tecnoloxías vinculadas a IA.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último