23 entidades europeas estudan no Campus a mellora do rural
PROXECTO GRANULAR
Os socios do proxecto Granular visitan San Xoán de Río, Allariz e Ribadavia para deseñar plans
Desde o ano 2022, 23 entidades de dez países europeos, entre elas a Universidade de Vigo, desenvolven o proxecto Granular. Trátase dunha iniciativa que pretende mellorar as políticas rurais da Unión Europea. Para facelo aposta polo coñecemento multidisciplinar destas zonas e pola creación de ferramentas reutilizables que permitan comprender mellor as súas características, dinámicas e impulsores.
Membros do proxecto analizan a provincia cunha perspectiva social, ambiental, institucional ademais de comunitaria
Esta semana, os socios da iniciativa están en Ourense para afondar na realidade do rural galego e avanzar no desenvolvemento dos seus obxectivos. Este martes reuníronse na Facultade de Educación e Traballo Social nunha asemblea xeral, na que se fixo balance do desenvolvemento da iniciativa. Para acadar os seus obxectivos, Granular opta por un enfoque baseado na co-creación e a participación de múltiples actores, pola investigación participativa e o coñecemento a través da articulación dunha rede de ‘living labs’ repartidos por diferentes rexións de Europa (Francia, Países Baixos, Italia, Polonia, España, Suecia e Reino Unido). “Ourense é precisamente un deses ‘living labs’ seleccionado pola súa diversidade territorial, demográfica e social, e pola implicación activa da súa comunidade na construción de solucións innovadoras para o medio rural”, explica Maribel Doval, investigadora que lidera a participación da UVigo neste proxecto.
O Living Lab de Ourense leva este mércores e xoves aos socios do proxecto aos concellos de San Xoán de Río, Allariz e Ribadavia, onde están a coñecer de primeira man “experiencias representativas da riqueza, diversidade e vitalidade do rural galego actual”. Nesta ocasión, a visita céntrase na saúde e o benestar, abordados desde unha perspectiva integral que engloba factores sociais, ambientais, institucionais e comunitarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS
María Martimón, paleoantropóloga ourensana: "La ciencia es muy a la gallega, siempre suele responder con otra pregunta"
VELARÁN POR QUE CUMPLA RENFE
Dereito ó Tren pide más paradas en A Gudiña