CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense
OFERTAS DE EMPREGO
Un total de 52.716 galegos contan co certificado de incapacidade permanente total. Isto significa que, debido a unha enfermidade grave, un accidente ou por condicións crónicas limitantes para a profesión que desempeña, inhabilítase para desenvolver o traballo habitual. Pero o que non sabe a gran parte da poboación é que existen outras alternativas laborais que si poden realizarse a pesar de contar con este certificado.
Nisto traballan dende Cogami, ofrecendo novas oportunidades a través dunha bolsa de emprego na que xa hai 929 ourensáns na procura dunha nova vida profesional, sendo a cuarta cidade galega con maior participación neste programa. “Nós traballamos coas persoas dende a base, ofrecendo información a través da nosa área de formación, ofrecéndolle asesoramento e traballando con elas para que poidan saír de novo ao mercado laboral”, explica Mónica Limia, coordinadora de Cogami en Ourense.
Dende a formación trasladan que “moitas persoas reciben a prestación cunha idade media de 55 anos e queren seguir sendo válidas no mercado laboral”.
Máis de 45 empresas da provincia de Ourense contribúen neste programa para darlles un oco entre as súas filas ás persoas que contan con este certificado. Control de accesos, recepcionistas, condutores de maquinaria pesada, atención de persoas maiores ou asistentes persoais. Son moitas e moi diversas as oportunidades que os ourensáns interesados poden atopar entre as ofertas da bolsa de emprego de Cogami. “Cada discapacidade ten a súa serie de limitacións, pero tamén permite facer outras cousas”, matiza Limia baixo a premisa de que se debe permitir a todo aquel que o desexe a posibilidade de “explorar novas oportunidades” e non quedar relegado á inactividade.
É por isto que, dende a formación, lanzan agora unha campaña de difusión para informar sobre a incapacidade laboral e as distintas posibilidades que aínda se poden explotar: “Hai moitas persoas que por falta de información non chegan a nós e ao mellor estanse perdendo a oportunidade de poder optar a ofertas de emprego que nós tramitamos”. Unha iniciativa que busca chegar a todos os posibles interesados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense
FACTORES DE LA VIDA LARGA
Los expertos analizan la longevidad de Ourense
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
DIFICULTAD COMPETITIVA
Un día clave en el COB para aspirar a más