QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
AERONÁUTICA
O novo edificio do campus de Ourense comeza a tomar forma co perimetrado da súa contorna. A escola de Aeronáutica, coñecida como “Camaleón”, empeza a ser unha realidade. A empresa Gómez Crespo, adxudicataria do concurso público, empezou a adecentar o que será a contorna da nova construción co valado para empezar a preparar os terreos. A compañía ourensá recibiu no concurso un total de 97,11 puntos, situándose por diante das cinco empresas que concursaron por levantar a nova sede dos estudos de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, cun orzamento superior ós nove millóns de euros.
Situado a carón da escola infantil do campus, a súa instalación consideráse “unha necesidade para os estudantes do grao de enxeñería”, sinalan dende a Universidade de Vigo, que lembran tamén que o grao de Aeronáutica é un dos que ten maior demanda de prazas.
Deseñado por Javier e Carlos Rodríguez Alcoba, de García Rodríguez Alcoba Oficina de Arquitectura, situada en Madrid, o edificio “non só responde a un programa funcional, senón que achega outra serie de elementos estéticos e de relación co resto das edificacións da súa contorna”, manifestaban os arquitectos no momento de presentar a súa candidatura. A esta intención engadían que “servirá de transición entre a trama urbana edificada e o espazo natural”, aproveitando o desnivel para crear unha serie de terrazas verdes que sirva tamén como lugar de ocio para os peóns.
O proxecto anunciouse como gañador en xullo de 2023 e, despois dunha primeira adxudicación fallida, saíu adiante a adxudicación a Gómez Crespo a comezos de xullo deste mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas