INAUGURA SU EXPOSICIÓN
Tamara Feijóo cierra el círculo diez años después en Ourense
FESTA DOS MAIOS
Ourense vive hoxe unha das súas festas máis tradicionais: Os Maios. Esta festividade non sería posible sen o traballo incansable de asociacións ou centros educativos que confeccionaron verdadeiras obras de arte e que onte ultimaban os preparativos para desembarcar hoxe na Praza Maior y Praza de Santa Eufemia. Xulio César Iglesias, da Asociación Xuvenil Amencer, destaca que este ano traballaron en dúas creacións. Unha delas foi realizada mediante técnicas creativas como a papiroflexia, mentres que a outra segue unha liña máis tradicional, elaborada con materiais clásicos. Iglesias subliña o valor desta tradición para a identidade local, afirmando que “a nós gústanos moito potenciar as festas populares nosas”. Para el, a satisfacción vai máis alá dun posible galardón, sinalando que “o mellor premio vai ser a visita da xente e ver os rapaces desfrutando” dunha tradición “moi de Ourense”.
“namorounos a todos desde o primeiro momento”
Por outro lado, David Gesto resalta o traballo da Asociación Cultural Andén Primeiro como un labor de equipo minucioso e ambicioso que involucrou a unhas sete persoas durante meses de traballo intenso. Sobre o seu maio creativo poboado de biosbardos, que naceu como un “capricho destes que se nos meteu nas testas e plantexamos o proxecto ao principio”, destaca a súa complexidade técnica e o seu afastamento do convencional. O local da asociación dedicou horas a detalles artesanais en madeira que decoran a base, incluíndo varandas, mobles e incluso reloxos de precisión manual. Gesto comenta con orgullo que a obra “namorounos a todos desde o primeiro momento” e que o nivel de detalle chegou ao punto de incorporar elementos curiosos como un televisor, aproveitando que a estrutura dispón dunha antena na parte superior, o que xerou gran expectación.
“O que máis lles gusta aos rapaces, aos pequenos, é coser o musgo á tea de saco que vai na estrutura do maio”
Desde o ámbito educativo, pais e alumnos de quinto de primaria do CEIP Irmáns Villar achegan o compoñente familiar e pedagóxico á festividade. Marta María Rey Vila explica que a súa participación conta cunhas dez familias e preto de corenta persoas en total. Os escolares participaron activamente en todo o proceso. Rey Vila destaca que “o que máis lles gusta aos rapaces, aos pequenos, é coser o musgo á tea de saco que vai na estrutura do maio”. Esta actividade non só preserva a técnica, senón que fomenta que os alumnos compartan tempo fóra do horario escolar, pois, segundo indica a representante, “está facendo que se unan, que se coñezan e que compartan tempo doutra maneira”.
Como marca a tradición, nesta xornada as coplas non poden faltar. Sobre isto, Xulio César Iglesias é rotundo: “Se hai maio, ten que haber coplas”. A cidade encherase de arte con aroma a musgo e versos cargados de humor.
A páxina web de La Región retransmitirá en vivo o evento a partir das 11,30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DÉCIMO ANIVERSARIO
El Camiño de Inverno reparte sus credenciales
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os obreiros son poucos
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín