Galiciencia premia os proxectos máis destacados sobre neurociencia
TECNÓPOLE
A caixa de xogos para persoas con enfermidades neurodexenerativas recibiu o primeiro galardón
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na comunidade, clausurou a edición do seu 20 aniversario, baixo o lema “Neurociencia e saúde mental”. Así, a Tecnópole acolleu a entrega de premios aos mellores proxectos presentados ao longo dos tres días que durou o evento. Neste senso, Marta Lama, do IES Rosalía de Castro de Santiago, levou o primeiro premio desta edición pola súa proposta “Mente activa”, onde propuxo unha caixa de xogos para persoas con enfermidades neurodexenerativas, como Alzhéimer e Párkinson, que presentan un deterioro cognitivo leve.
O segundo equipo clasificado foi o formado por Daniel Díaz e Carlos Fernández, do CPR Divino Maestro de Ourense, que deseñaron “SaudApp”, unha solución dixital sinxela e eficaz para que calquera persoa poida coidar a súa saúde mental. Mentres, o terceiro premio foi para o proxecto de Eila Lago e Daniela García, do Colexio María Auxiliadora Salesianos de Vigo, centrado na transformación de papel reciclado, materia orgánica, cinza e outros refugallos nun biocombustible eficiente e sustentable, denominado termoecobriks de biomasa.
No acto de entrega participou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. Estivo acompañada da alcaldesa de San Cibrao das Viñas e vicepresidenta da Deputación de Ourense, Marta Novoa; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo; o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández; o vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Javier Rodríguez; o secretario da Confederación de Empresarios de Ourense, Jaime Pereira; a directora do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional, María Jesús Carnero.
Ademais, durante o evento houbo un convidado moi especial, que se conectou coa rapazada por videoconferencia: o ourensán Carlos Nieto, primeiro gañador de Galiciencia -en 2006-, que na actualidade traballa como neurocientífico en Moscú. Finalmente anunciouse o tema de Galiciencia para o ano que ven: a ciberseguridade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 35 GRADOS DE MEDIA
Julio, récord histórico de mes más caluroso de la ciudad de Ourense
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta