Un glaciar derrétese en directo na Sala Alterarte

ARTE E CONCIENCIA CLIMÁTICA

A exposición da artista italiana Cinzia N. Rojas emprega unha fotografía impresa sobre xeo que desaparece a medida que o soporte se derrete para denunciar os efectos do cambio climático

A creadora italiana, durante a inauguración da exposición.
A creadora italiana, durante a inauguración da exposición. | La Región

A Sala Alterarte, no campus universitario de Ourense, acolle ata o vindeiro 12 de xaneiro a exposición “Glaciares a derreterse”, da creadora italiana Cinzia N. Rojas. A mostra, comisariada por Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez, xira arredor dunha proxección audiovisual que reflexiona sobre o cambio climático a través da desaparición física da propia imaxe.

Cinzia N. Rojas imprime imaxes sobre bloques de xeo nunha mostra comisariada por Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez

Na peza, a artista imprime mediante cianotipia a fotografía dun glaciar directamente sobre xeo, de xeito que a paisaxe esvaécese a medida que o soporte se derrete. “O vídeo céntrase tanto na imaxe coma no son. Óese un goteo, un suave crepitar, un sopro de vento case doloroso; é unha natureza en bágoas de orixe exclusivamente humana”, explicou Rojas durante a inauguración, á que tamén asistiron representantes da institución académica.

Este proxecto vén avalado polo Premio da Organización do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2025, un recoñecemento impulsado polo propio campus ourensán que inclúe tanto esta exposición na cidade coma a edición dunha publicación monográfica sobre a obra.

Contenido patrocinado

stats