Un investigador ourensán, na Sociedade da Ciencia do Solo
A SECS é unha entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1947 no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
A Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS) acaba de elixir unha nova directiva e nela o investigador do Programa Ramón y Cajal da Universidade de Vigo que traballa no Campus de Ourense Daniel Arenas foi nomeado secretario xeral. Asumir este cargo, sinala, constitúe “unha grande oportunidade para seguir impulsando a importancia do solo como recurso ambiental, a produción de alimentos e a conservación dos ecosistemas”.
A SECS é unha entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1947 no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Os seus principais obxectivos son promover o estudo, o coñecemento, a investigación e a protección do solo e difundir, desde unha perspectiva científica, o papel que xoga na sociedade a través dos servizos ecosistémicos que desempeña (como a produción de alimentos e materias primas, protección dos ecosistemas e da herdanza arqueolóxica e paleontolóxica), ademais de ser soporte físico para as actividades humanas.
A súa nova directiva está composta, ademais de por Daniel Arenas na secretaría xeral, por Irene Ortiz (Universidad de Granada) como presidenta; Raúl Zornoza (Universidad Politécnica de Cartagena) como vicepresidente e Antonio Girona (CSIC-Universidad de Oviedo) como tesoureiro. Sobre este equipo, o investigador da UVigo amosa a súa satisfacción por formar parte dunha nova directiva na que por primeira vez na súa historia a Sociedad Española de la Ciencia del Suelo estará presidida por unha muller. Sobre a súa elección, expresa o seu agradecemento á nova presidenta e ao resto da xunta directiva pola confianza depositada. “Espero poder contribuír ao seu fortalecemento e á difusión do papel estratéxico que o solo desempeña na sociedade”, sinala.
Desde o grupo de investigación Pranta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) da Universidade de Vigo, así como desde o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e o Campus Auga, comenta o investigador da UVigo, “levamos anos traballando nesta liña, participando activamente nas iniciativas da SECS e contribuíndo a xerar coñecemento científico que axude a afrontar os desafíos actuais relacionados coa degradación do solo e o seu uso sostible”. Polo tanto, este nomeamento, subliña, “tamén supón un recoñecemento ao noso compromiso continuo coa edafoloxía e coa comunidade científica”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CATEDRAL DE SANTIAGO
Un centenar de internos de San Rosendo recorren la Vía de la Plata
OFRENDA DE LAS MADRES
Una tradición ourensana que no deja de crecer en Fátima
PRESUPUESTOS MUNICIPALES
El PSOE llama “titiritada” a las cuentas de Jácome
Lo último