ASOCIACIÓN OURENSANA
135 familias se unen contra el daño cerebral adquirido en Ourense
ANO OTERIANO
Un ano máis, e xa van catro, a Asociación de Amigos de Otero Pedrayo fixo entrega dos galardóns do Premio de Oratoria en Formato Pódcast “Ramón Otero Pedrayo”. O emblemático Pazo de Trasalba acolleu un emotivo acto no que se puxo en valor, unha vez máis, a inmensa figura do Patriarca das Letras Galegas. Esta edición tivo ademais un carácter moi especial, ao coincidir coa celebración do “Ano Oteriano”, un fito que encheu de orgullo e simbolismo a xornada para todos os presentes.
Nesta cuarta edición, o talento da cidade das Burgas foi o gran protagonista, acaparando os tres grandes recoñecementos. O primeiro galardón recaeu no traballo “Ave Pedrayo II”, elaborado por alumnos do colexio Santa Teresa de Jesús-Carmelitas de Ourense. O ano pasado xa conseguiran levar o terceiro premio, e decidiron seguir co proxecto. “Gustounos moito o formato porque era divertido, era outra maneira de aprender sobre Otero Pedrayo”, destacaron as gañadoras ao recoller o seu premio. “Este ano buscaron unha evolución no fondo e forma da súa creación”, explica a súa profesora, María Dolores Atrio.
O segundo posto foi para o pódcast titulado “Don Ramón”, realizado polo alumnado do IES Otero Pedrayo. “É un orgullo ter o seu nome no noso centro educativo”, subliñou Inés, unha das alumnas que participaron no proxecto. Sobre o seu traballo, explicou que afondaron na faceta máis humana do autor, con entrevistas ao director do centro e a responsable da biblioteca. “Contamos algúns segredos para saber un pouco e analizar algún poema de Otero”, destaca a estudante.
Finalmente, a terceira distinción foi para Samuel Barreiro, estudante do colexio María Auxiliadora. O seu obxectivo co pódcast, segundo as súas propias palabras, foi “facer unha historia que lle puidera gustar á xente, ademais de animar ás novas xeracións a falar galego, porque é moi importante hoxe en día”.
A xornada finalizou demostrando que o legado de don Ramón Otero Pedrayo segue máis vivo que nunca grazas á creatividade, ao esforzo e ao compromiso coa nosa lingua das novas xeracións. Pese a súa recente creación, este certame xa comeza a consolidarse como unha cita ineludible para a mocidade galega, especialmente na provincia.
Xosé López, presidente da Asociación Amigos de Otero Pedrayo celebrou a boa participación deste ano e avanzou que xa está en marcha a próxima edición, na que manterán a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a cooperativa agroalimentaria Coren e a propia Fundación Otero Pedrayo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASOCIACIÓN OURENSANA
135 familias se unen contra el daño cerebral adquirido en Ourense
DIVULGACIÓN Y VOLUNTARIADO
Una red para apoyar a los receptores de médula en Ourense
HASTA EL 5 DE NOVIEMBRE
El Mercado de Navidad de San Lázaro abre el plazo para optar a sus 20 casetas