O OUFF amosa o traballo oculto detrás das cámaras
MOSTRA FOTOGRÁFICA
A mostra de fotografías de Esteban DelaIglesia no Centro Cultural Marcos Valcárcel rende homenaxe ao traballo invisible dos equipos detrás das cámaras
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle desde este sábado “Ecosistema dunha rodaxe”, unha exposición que ilumina o traballo habitualmente invisible dos equipos que fan posible o cinema. A mostra reúne unha escolma de seis anos de fotografías tomadas por Esteban DelaIglesia durante rodaxes de series e filmes.
Comisariada pola historiadora da arte Monse Cea, a proposta detense na “tremoia humana” situada detrás das cámaras. Claquetas, cadernos personalizados, marcas no chan, ferramentas e pequenos xestos revelan as microhistorias dos profesionais, así como o esforzo físico e mental dunha actividade sometida a unha grande presión.
O proxecto reivindica a fotografía de rodaxe como oficio, ao tempo que devolve o protagonismo aos traballadores da ficción cinematográfica. A exposición poderá visitarse ata o 1 de novembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N