O OUFF porá banda sonora ás súas grandes citas
MÚSICA E CINEMA
A música acompañará ao festival con nomes como Guille Galván ou Escuchando Elefantes
O cinema será o protagonista, pero non estará só. O OUFF volverá apoiarse na música para acompañar algúns dos momentos máis especiais da súa 31ª edición, cun cartel que vai dende o mellor da música independiente á nostalxia e rock do Xabarín Club.
O primeiro en subir ao escenario será Guille Galván, guitarrista, compositor e letrista de Vetusta Morla, que actuará este venres durante a gala inaugural. Antes, ás 13,00 horas, manterá un encontro co público na tenda Bonus Track. A apertura contará tamén coa intervención da Real Banda de Gaitas de Ourense e co DJ lucense John Axiom.
A música dun xeito destacado regresará na clausura do festival, o sábado 3 de outubro, coa banda galega Escuchando Elefantes, formada por Silvia Rábade e Carlos Tajes e coñecida pola forza dos seus directos.
Ese mesmo día, a praza de Santa Eufemia concentrará a programación máis festiva. Ás 13,00 horas, Mambas Negras recuperará a lendarias bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino, con inolvidables temas ligados a “Pulp Fiction”, “Kill Bill” ou “Reservoir Dogs”.
Ás 17,30 horas chegará Lembra Xabarín, unha viaxe aos himnos que marcaron varias xeracións, con cancións de Heredeiros da Crus, Siniestro Total, Aerolíneas Federales ou Os Diplomáticos de Monte Alto.
Verín entra no universo sinfónico de Tolkien
Despois de pasar primeiro por Ourense, a o OUFF Symphony levará tamén a Verín a música do universo de Tolkien. A segunda cita do espectáculo celebrarase o 3 de outubro, ás 20,00 horas, no Auditorio Municipal, tras esgotarse xa as localidades para a primeira actuación, prevista este sábado no Auditorio de Ourense.
Baixo a dirección de José Luis Tielas, a Xove Orquestra Ourensanía actuará acompañada por un gran coro para recuperar algunhas das composicións máis recoñecibles creadas por Howard Shore para a triloxía cinematográfica de “El señor de los anillos”. O programa inclúe diversas pezas moi destacadas como o prólogo, “May It Be” ou “Evenstar”, ademais de música de “El Hobbit”. Unha lectura interpretada servirá como introdución á viaxe musical.
A actuación de Verín, organizada en colaboración co OUFF e co Conservatorio Profesional de Música da vila, terá ademais carácter solidario. As entradas custarán 10 euros e a recadación repartirase entre a Asociación Contra o Cancro, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas, Cáritas e FEMURO.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EDICIÓN NÚMERO 55
La revista Raigame dedica sus páginas a Otero Pedrayo
MÚSICA E CINEMA
O OUFF porá banda sonora ás súas grandes citas
Lo último
La Región
El tubo de la playa de Teis
30.000 METROS CUADRADOS
Punxín plantea la creación de un área comercial e industrial
ENCUENTRO ENTRE ALCALDES
La plataforma antifusión de Carballeda rechaza el diálogo