Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiro Agrícolas de Ourense: "Non hay cambios que den esperanza para afrontar os lumes eficazmente"

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

A falta dun mes para que arranque o verán o monte ourensán segue sen solucións que eviten incendios

Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas de Ourense | Xesús Fariñas

Coa campaña de prevención de incendios no seu momento máis determinante, unha das voces máis representativas do campo ourensán, como é o presidente do Colexio de Enxeñeiro Agrícolas de Ourense, resolve as principais dúbidas.

Pregunta. Como está sendo a campaña de prevención de incendios?

Respuesta. As solucións reais seguen sen chegar, como vimos na vaga de lumes de 2025. Isto debería levarnos a reflexionar e transformar ese gasto nun verdadeiro investimento a longo prazo, creando estruturas técnicas e sociais capaces de aproveitar os recursos naturais e o coñecemento do rural. Porén, non atinamos a ver grandes impulsos nin cambios de fondo, seguimos facendo practicamente o mesmo con algúns remendos engadidos.

P. Como afectan as especies invasoras como os eucaliptos ao risco de incendio?

R. O risco vén dado, principalmente, polo abandono e a ausencia de xente no rural. É certo que especies como o eucalipto dificultan a extinción e actúan como importantes propagadores, pero o caso das mimosas é moito máis preocupante, teñen maior afección porque adoitan aparecer preto de cultivos e poboacións, multiplicando o risco e rebrotando moi rápido. Non se aprecia unha estratexia sólida e continuada para afrontar esta problemática.

P. Que axudas están a chegar das institucións públicas para os danos e a prevención?

R. As axudas que buscaban ofrecer respostas áxiles atopáronse con distintas dificultades na súa tramitación. A enorme complexidade á hora de identificar a propiedade lastra o proceso. Como xa vivimos esta situación noutras ocasións, deberiamos pensar como artellar mecanismos para que as futuras convocatorias sexan realmente útiles e prácticas para o rural, e non simples anuncios pensados máis para a propaganda urbana.

P. Como se están a xestionar as perdas específicas de mel, castañas e viñas?

R. Moitos apicultores perderon enormes superficies de pecoreo e floración vital para meles de extraordinaria calidade. A día de hoxe seguimos sen contar cun marco normativo ao que un produtor poida acollerse para garantir que o abandono das parcelas lindantes non dane a súa explotación. A normativa actual céntrase en protexer vivendas, esquecendo a protección real das áreas produtivas do rural.

P. Bota en falta un convenio da Xunta que protexa especificamente as zonas agrícolas?

R. Aínda que existen algunhas iniciativas, a obriga de limpar as franxas de protección de 50 metros supón trasladar a responsabilidade a unha poboación rural avellentada e sen capacidade. Ademais, apenas existe oferta de servizos empresariais que poidan asumir esas tarefas en prazos tan reducidos. Non se aprecia un verdadeiro cambio de paradigma que nos permita albergar esperanza de afrontar esta problemática de maneira eficaz.

Contenido patrocinado

stats