O PSOE de Ourense defende os dereitos sanitarios e de memoria

AXENDA INSTITUCIONAL

Carmen Rodríguez Dacosta e María Fernández Ojea apoian á Asociación Diabética Auria e Amigos da República.

La principal candidata al Congreso Carmen Rodríguez Dacosta, a la izquierda, y la principal candidata al Senado, Maria Fernandez Ojea.
La principal candidata al Congreso Carmen Rodríguez Dacosta, a la izquierda, y la principal candidata al Senado, Maria Fernandez Ojea.

As candidatas do PSOE de Ourense ao Congreso e ao Senado, Carmen Rodríguez Dacosta e María Fernández Ojea, mantiveron senllos encontros coa Asociación Diabética Auria e con Amigos da República para abordar as súas demandas.

Na xuntanza con Auria, as socialistas recolleron as queixas polas listas de espera e o acceso a revisións oftalmolóxicas e endocrinolóxicas. A entidade reclamou unha maior coordinación sanitaria, reforzar a educación sobre a enfermidade e integrar ás asociacións de pacientes na planificación da sanidade pública.

Por outra banda, co colectivo Amigos da República abordaron a necesidade de avanzar na recuperación e divulgación da historia democrática, así como no “recoñecemento ás vítimas da represión franquista” na provincia.

O PSOE comprometeuse a impulsar unha axenda institucional para facer efectivos estes dereitos. “Non poden quedar só no papel”, concluíron.

Contenido patrocinado

stats