QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que a Jácome le siguen pitando los oídos?
DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a gran matriarca das letras galegas, onte houbo unha celebración especial no colexio Cardenal Cisneros. Nenos e nenas de primaria e secundaria compartiron con figuras das letras ourensás o “caldo de gloria” cuxa receita detallou a poeta no seu famoso “Miña casiña, meu lar”. A degustación estivo acompañada por lecturas de composicións poéticas, na súa maioría pertencentes a Cantares gallegos (1863) ou En las orillas del Sar (1884). Integrantes do Círculo Poético Ourensán compartiron cos máis novos a súa paixón por Rosalía a través de versos propios ou comentarios biográfico-literarios sobre a gran lenda poética de Galicia.
José Ramón Fernández Morgade, presidente desta agrupación, expresou: “O Círculo Poético Ourensán ten un vínculo moi especial co colexio Cardenal Cisneros. Cando un vén a actos coma este, entende por que é tan alto o nivel dos traballos nos concursos que convocamos todos os anos, e neste sentido a paixón por Rosalía contribúe moito a ese selo de calidade”. Do mesmo xeito, sumáronse ao evento membros do grupo cultural Nós, A Xente do Redor. O seu director, Avelino Jácome, manifestou o seu sentir a propósito da celebración: “Recordar a Rosalía no seu natalicio é unha declaración de amor cara a Galicia e de respecto profundo pola nosa lingua. Ver a admiración que lle profesan os nenos e as nenas, coma se fose un familiar próximo, é unha esperanza no medio de tempos difíciles, é a garantía de que a nosa cultura ten asegurada a súa transmisión”.
A actividade non só reflectiu unha paixón dos estudantes cara a Rosalía como unha especie de fada madriña da literatura, senón que expresou, a través da decoración do espazo, un sentimento de compromiso coa transmisión do seu legado. Embelecían o vestíbulo ramos de camelias en alusión a un símbolo recorrente no universo poético rosaliano; debuxos e cadernos decorados artesanalmente con versos que a tradición converteu en tesouro popular; álbums filatélicos en honra á poeta de Padrón e, quizais, o artefacto máis curioso de todos: unha árbore debuxada sobre un lenzo en cuxas pólas os asistentes deixaron o seu nome e a súa pegada dixital tinguida de vermello.
O colexio Cardenal Cisneros, desde hai décadas, vén destacando polo seu traballo de orientación vocacional en defensa das humanidades e, en especial, da poesía. Un elemento curioso deste labor é que sexa Marila Abad, precisamente unha profesora de matemáticas, quen lidera esta expansión artística dos estudantes, dentro e fóra do colexio. “A mellor forma de conmemorar a Rosalía é lela, e lela é unha viaxe ao corazón mesmo da nosa cultura, aquilo que nos identifica e nos fai sentir orgullosos. Educar aos nenos neste sentir é preparalos para que constrúan un futuro onde primen o amor e a sensibilidade”, comentou Marila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que a Jácome le siguen pitando los oídos?
LAS CÁMARAS LO DELATAN
Condenado tras estrellar su Porsche por conducir ebrio en el centro de Ourense
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Ese burbujeo colectivo
ENTRE OS CASARES Y VILAMAIOR
Una colisión entre dos coches deja un herido en Castro Caldelas
APERTURA EL 13 DE JUNIO
Piscinas municipales de Barbadás: horarios, precios y bonos
SECCIÓN REVITALIZADA
El Club Tiro Eiroás hace diana