Xosé Eduardo López Pereira, presidente de la Fundación Otero Pedrayo: “Otero Pedrayo era unha gran persoa e un gran humanista”
ENTREVISTA
O dirixente da Fundación Otero Pedrayo, Xosé Eduardo López Pereira, destaca a figura poliédrica do autor ourensán
O presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López, móstrase feliz pola declaración do ano 2026 como Ano Oteriano e lembra a importancia desta efeméride así como a significado da excelsa figura do escritor ourensán.
Pregunta. Como foi a reacción trala declaración?
Respuesta. É unha gran honra que o Parlamento galego decidira esta declaración por unanimidade. Non só se cumplen 50 anos do pasamento de Otero Pedrayo senón 100 da publicación da “Guía de Galicia”, un hito que aínda hoxe non foi superado. Con esta publicación, Otero Pedrayo anticipouse ás xeracións futuras ao poñer en valor as paisaxes de Galicia. Temos feito un documental que se está proxectando en centros e institucións de toda Galicia, un documental que pon en valor a admiración pola paisaxe. Don Ramón foi un precursor nestes temas que tan de actualidade están hoxe en día.
P. Que significado ten esta efeméride?
R. A declaración contribúe a poñer en valor a figura poliédrica de Otero Pedrayo, un home que foi presidente de todo (Galaxia, Ateneo, partido político…) e sobre todo foi un gran home e un gran humanista non só de Ourense e Galicia senón do mundo enteiro. Un figura clave da cultura que, incluso en tempos de oscurantismo, seguiu publicando en La Región con seudónimo. Por outra banda, non hai xénero literario que non tocara. Escribiu en todos os xéneros e participou en todas as iniciativas culturais. Presidiu Galaxia e deixoulle todo a Galaxia. Tamén presidiu o Seminario de Estudos Galegos aínda que durou pouco folo conflito civil en España. Ademais, pasou por moitas dificultades na súa vida: o seu pai morreu cando era neno e cando estivo en Madrid vivía do que a súa nai sacaba das leiras que tiña en Trasalba. Unha orde ditada polo réxime franquista obrigou a Ramón Otero Pedrayo a dimitir como profesor de ensino secundario. Durante algo máis de once anos (ata 1948) foi privado do dereito a exercer a docencia. Despois sacou a Cátedra en Santiago pero daquela xa lle quedaba pouco de catedrático. Neste sentido sufriu moito espiritualmente. En moitos momentos tivo que vender as leiras para subsistir. Gracias a esta declaración axudamos a divulgar a súa figura. O abril oteriano xa se facía no Liceo desde hai anos e este ano o programa, os días 10 e 11 de abril, terá lugar no salón de actos do Pazo de San Roque e no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
P. Ourense non se podería entender sen Otero Pedrayo.
R. Efectivamente, velaí está a Xeración Nós con Risco, Cuevillas e o propio Otero Pedrayo. Non deixa de ser significativo que Risco e Otero naceran na mesma casa cunha escasa diferenza de anos. En Ourense tivo lugar a súa primeira conferencia hai cen anos sobre a paisaxe. En Ourense temos ese vencello co Liceo, co Ateneo, do que foi presidente, e a súa casa en Trasalba que foi un foco de atracción cultural para a cultura galega. Castelao deseñou a galería da súa casa, Sixto Seco, García-Sabell foron outros que acudían a Trasalba. Fernández del Riego tamén pasaba tempadas.
P. A docencia sempre foi unha paixón para Otero
R. El amaba moito ensinar. Recordo un paseo con el por Trasalba no que dicía: “Non hai dereito a que xubilen a un docente aos 70 anos”. Amaba falar. Penso que non valoramos o ter a un grupo de mozos de 20 ou 22 anos escoitándoo durante unha hora. Vese nos seus textos, apuntes que se conservan desas clases de bacharelato. A suspensión como profesor de instituto e do seminario foi moi duro para el. Na Fundación continuamos ese legado e creamos o premio Otero Pedrayo para estudantes para prolongar esa idea nas novas xeracións. Neste Ano Oteriano, coordinados coa Consellería de Cultura, reunímonos preto de 30 institucións e entidades para celebrar diversas actividades. Entre os vindeiros momentos de interese estarán a publicación das cartas de Ramón Piñeiro a Otero Pedrayo, unha coroa poética de Alonso Montero e uns relatos composteláns “Do San Lucas ó San Xoán”. E a vindeira semana teremos o Foro La Región.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
YA EXTINGUIDO
Un incendio forestal calcina 9,7 hectáreas en Lobios
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Cuando arde el monte, arde la economía