Francisco Javier Carballo, catedrático na Uvigo: “Nunca me premiaran polo amor e cariño que lle teño a Parada de Sil e a miña aldea”

DÍA DAS LETRAS GALLEGAS

O científico nado en Parada de Sil e referente en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Francisco Javier Carballo García, será homenaxeado nas Letras Galegas pola súa traxectoria internacional e o seu vínculo permanente co rural galego.

Francisco Javier Carballo García.
Francisco Javier Carballo García.

Nado na Casa do Vento, en Parada de Sil, Francisco Javier Carballo García construíu unha destacada traxectoria científica no ámbito da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, desde a Universidade de Vigo e centros internacionais como o Instituto Nacional para la Investigación Agronómica (INRA) de París, sen perder nunca o vínculo coa súa terra e cos valores do rural que, asegura, marcaron a súa vida persoal e profesional. Este sábado será homenaxeado no seu concello con motivo das Letras Galegas.

Pregunta. Que significa para vostede esta homenaxe en Parada de Sil?

Respuesta. É un acontecemento moi especial. Tíñanme premiado polo meu expediente académico, pero non polo amor e o cariño que lle teño á miña terra, á Casa do Vento e á miña familia. Ter orixes humildes axúdache a valorar as cousas e a entender que o esforzo constante é fundamental.

P. Que recordos garda da infancia en Parada de Sil?

R. Lembro con moito cariño os veráns en Valdemiotos. Con un ano marchei para León, por traballo de meu pai. Nas Navidades e no verán era sempre obrigada a visita ao lugar de Valdemiotos, outra aldea do concello, donde vivían os meus avós maternos. Recordo esa época con moito cariño. Despois, aos sete anos, retornamos a Ourense y as miñas estancias en Valdemiotos eran máis prolongadas. Recordo que os veráns os pasaba alí; axudaba a os meus avós nas tarefas do campo: recollida da herba, seitura, recollida das patacas, da leña... Foron para min unhos anos moi bonitos. O rural galego transmitiume os valores que despois guiaron toda a miña vida persoal e carreira profesional: humildade, o traballo e o respecto.

P. Como vincula galego e ciencia?

R. Cheguei a Francia despois da etapa universitaria en León e adapteime ben a unha cidade aberta e multicultural como París. Eu son bilingüe e penso que estas cousas hay que vivilas con máis naturalidade. Eu, por exemplo, levo dirixidos máis de cen proxectos de fin de grao de estudantes; á hora de redactalos, facémolo indistintamente en galego ou en castelán, como o estudante se sinta máis cómodo. O galego é unha lingua plenamente válida para transmitir coñecemento científico, aínda que o inglés adoita empregarse máis pola súa difusión.

P. Que lle diría á mocidade do rural?

R. A xente xoven, hoxe en día, dispón de máis medios que nunca. Nas cabeceiras de comarca, xa se dispón de centros de ensino con profesorado altamente cualificado que modelan e orientan a os xóvenes. O importante é ter actitude, esforzo e obxectivos claros. O rural segue sendo fundamental en ámbitos como a alimentación ou a sustentabilidade e é importante que non se perda.

P. Que sente con este recoñecemento?

R. Orgulloso do cariño e respecto co que me lembran antigos alumnos aos que puiden axudar na súa formación, sinto gratitude e satisfacción. Todos debemos implicarnos para que o concello progrese e sexa cada vez máis atractivo para vivir.

Contenido patrocinado

stats