Rafael Torres
La nevera te espía
A detención por parte de Israel en augas internacionais dun dos organizadores da flotilla a Gaza, con triple nacionalidade sueco-hispano-palestina, -aínda que logo o soltasen- lévame a pensar nos meus antepasados franceses e na mariña mercante de Liberia. Xa saben que os pensamentos son como as cereixas -ou os clips-: engárzanse uns cos outros.
Como saben Liberia e Panamá teñen as dúas maiores frotas mercantes do mundo. Liberia soa ten inscritos máis de 5.000 buques mercantes cunha media por barco de 80.000 toneladas, un 17,6 % da tonelaxe mundial, e Panamá, máis barcos, 7.000, pero cunha media de só 53.000 toneladas. E se lle sumamos as Illas Marshall, entre os tres teñen aproximadamente abandeirados o 50 por cento da tonelaxe dos cargueiros do mundo. E logo como é así? Os armadores dos buques, como saben, elixen estas bandeiras “de conveniencia” por tres motivos: non pagar case impostos, carecer de lexislacións sobre dereitos laborais e ocultación dos datos de propiedade. Unha verdadeira fisura ética na lexislación internacional.
Se eu quero pasaporte español é porque me interesa centrarme nas cousas de aquí, que considerarei o meu sitio no mundo, etc. Por iso, é bastante lóxica a integración dos deportistas que viñeron e quedaron como Kubala, Di Stéfano, Puskas, Diego Costa, etc
Pero as nacionalidades das persoas adoitan ser outra cousa. A xente emigra dun país a outro que lle resulta máis atractivo que o propio de orixe e para desenvolver a súa vida e o seu futuro. Perfecto. E normal é -bendito é que así sexa- que a identidade de orixe se vaia diluíndo na de chegada. Os Monjardín de Ourense non son franceses, os Rumbaos non son cataláns, os Schrecks ou Hentchels non son alemáns e os Eguileta non son vascos. En fin, nunha cidade de aluvión como a nosa -como case todas- sabemos ben como é o proceso. Integráronse os antepasados e así, claro, somos todos de aquí.
Porque a vontade de integración debe ser a premisa básica lóxica para facerse coa nacionalidade. Se eu quero pasaporte español é porque me interesa centrarme nas cousas de aquí, que considerarei o meu sitio no mundo, etc. Por iso, é bastante lóxica a integración dos deportistas que viñeron e quedaron como Kubala, Di Stéfano, Puskas, Diego Costa, etc. Outra cousa que parece ben retorta é optar, mecadear ou aceptar nacionalidades por pura conveniencia persoal, temas de impostos ou proteccións fronte á lei, especialmente cando se refire a políticos que deberían ser referentes éticos. Que Felipe González teña a nacionalidade colombiana desde 2014 e dominicana desde 2022 é tan sorprendente como que José Bono teña esta última desde 2020 ou que a propia Begoña Gómez tamén a comparta desde 2025. Ou que Baltasar Grazón teña, tamén, pasaporte arxentino. Nacionalidades, como as bandeiras, de conveniencia. Os millonarios rusos invisten en Malta para “compraren” pasaporte da UE. Obviamente, isto nada ten que ver cos casos, por exemplo, de Alejandro Amenábar, nado en Santiago de Chile, e cuxa familia fuxiu da ditadura de Pinochet, ou do Pablo Echenique ou Cayetana Álvarez de Toledo, tamén arxentinos por orixe ou vinculación familiar.
Ben. Outra cousa de identidades en base local. Logramos no seu día derrubar o muro de separación do Cemiterio Civil e o católico en San Francisco para pasar a ser todo el un, para repousar todos os ourensáns xuntos, sen distinción de sexo, raza ou relixión e baixo o paraugas municipal. Agora oio sorprendido que o PSOE quere dar marcha atrás e quere apadriñar que se faga un novo relixioso particular para os cidadáns máis ortodoxos de determinada fe. Os tempos andan avoltos e as cousas son raras. Pero o respecto polos avances da liberdade e igualdade dos cidadáns non deben recuar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RELACIÓN BILATERAL
Trump, encantado con China y unos acuerdos “fantásticos”
FONDOS EUROPEOS
Carballiño y O Ribeiro optan a tener comunidad energética
AMPLO PROGRAMA
Christian Escuredo, pregoeiro da Feira do Viño de Valdeorras