Santa Cristina achega a súa historia ós visitantes

VISITAS GUIADAS

O concello de Parada de Sil destaca o traballo realizado polo guía Rubén Montero

O guía Rubén Montero en Santa Cristina.
O guía Rubén Montero en Santa Cristina.

A experiencia piloto de visitas guiadas no mosteiro de Santa Cristina, en Parada de Sil, rematou despois de tres meses de actividade, durante xullo, agosto e a primeira quincena de setembro.

O guía seleccionado polo Concello foi Rubén Montero, graduado en Xeografía e Historia, con Máster en Profesorado e nivel B1 de inglés. Tamén conta con formación relacionada coa información na contorna dixital. Para realizar este traballo tivo un contrato de tres meses, financiado con fondos do Reto Demográfico.

Durante este período, Montero encargouse de explicar aos visitantes a historia e o valor deste lugar. O propio guía destacou a importancia que tivo para poder ensinar e dar a coñecer Santa Cristina, unha experiencia que, segundo sinala, contribúe a mellorar a calidade da oferta turística.

Un total de 3.659 personas participaron en las visitas guiadas realizadas entre julio y la primera quincena del mes de septiembre

Entre as propostas realizadas de cara ao futuro, o guía trasladou ao Concello a posibilidade de ampliar a duración das visitas guiadas no próximo verán. O obxectivo sería que os visitantes puidesen gozar da experiencia durante máis tempo.

Segundo as enquisas realizadas aos visitantes, un total de 3.659 persoas participaron nas visitas guiadas. A maioría valorou de forma positiva o traballo do guía e destacou os seus coñecementos e a súa capacidade para explicar os contidos. Tamén sinalaron que se percibía o seu interese polo traballo que estaba realizando.

O alcalde, Aquilino Domínguez, valorou tamén de forma positiva a experiencia. Segundo explicou, atopar un bo profesional é importante, pero considera que o resultado é aínda mellor cando esa persoa realiza o seu traballo con dedicación, como Rubén Montero. Sinalou tamén que continuará apostando pola calidade no turismo.

Contenido patrocinado

stats