O novo bar municipal de Piñor, un punto de “encontro social”
SERVIZO MUNICIPAL
A veciñanza viña reclamando a súa reapertura en Piñor para poder socializar sen ter que desprazarse
Os veciños de Piñor xa contan cun novo espazo para o encontro trala apertura do novo bar municipal no lugar de Arenteiro, que abriu as portas no pasado mes de decembro despois dunha rehabilitación.
O establecemento, que agora está rexentado por un emprendedor mozo grazas a un alugueiro económico, vén a cubrir unha necesidade vital para o municipio tras un ano co antigo local pechado, unha situación que deixara aos habitantes sen un punto de referencia onde tomar un café ou ler o xornal. O alcalde, José Luis González, incidiu en que a veciñanza “viña tempo reclamando que o Concello facilitase a instalación dun local onde socializar, botar a partida ou falar sen ter que desprazarse quilómetros”.
A apertura e posta en marcha do local motivou a visita ao concello da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quen aproveitou a ocasión para felicitar ao alcalde por esta iniciativa. A número dous dos populares puxo en valor a formación como “partido do rural”, destacando este tipo de políticas encamiñadas a fixar e incrementar poboación nestas contornas. Prado sinalou o “bo facer” de gobernos locais como o de Piñor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SAMAÍN EN LA PROVINCIA
Una bruja se estrella contra una casa de Piñor: el Halloween más sorprendente de Ourense
NOVENA EDICIÓN
Galería | Piñor se llena de sabor con su Festa dos Callos
Lo último
Francisco Peña
Las claves para una regeneración democrática
AGENDA CULTURAL
El noviembre vianés, del magosto popular al teatro
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
O importante é chegar
EN BUSCA DE LA PAZ
Bruselas aborda el futuro de Ucrania con Estados Unidos y la OTAN