DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado 25 de julio
CULTIVOS
O campo enfróntase estes días a unha situación crítica pola anulación dos carnés de manipulador de fitosanitarios afectados pola coñecida Operación Fito, trama que se destapou no 2016. A sentenza, que executa a condena por unha rede fraudulenta de emisión de carnés, deixa fóra de xogo a 6.800 titulares de explotacións en toda Galicia, anulándolle os seus carnés. Na provincia de Ourense, son arredor de 230 quenes, en plena campaña, vense impedidos para aplicar tratamentos químicos esenciais para cultivos como a vide, as forraxes ou a pataca.
Unións Agrarias alerta da gravidade da situación e lamenta a falta de resposta por parte da administración. “Por parte da Consellería de Medio Rural debían ter previsto que isto podía estoupar no medio da campaña”, sinala Carlos Basalo, responsable provincial de UUAA en Ourense. Desde a organización reclaman que se habilite unha concesión transitoria que permita seguir traballando mentres se regulariza a situación. “Estamoslle pedindo que lancen cursos nas oficinas agrarias, xa que eles teñen os listados de quen ten carnét e pode ser máis rápido”, insiste Basalo.
Mentres tanto, Unións Agrarias ponse en marcha para paliar o problema. “Nós tamén organizaremos cursos para que recuperen o carné, pero estamos en plena campaña e hai que buscar a maneira para que a xente poida aplicar os produtos”, conclúe. Unha vez máis, os prexuízos dun fraude recaen sobre os ombreiros dos que traballan con honestidade, e o rural queda sen ferramentas nun momento clave.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado 25 de julio
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 26 de julio
Lo último
La Región
Echar un pitillo
La Región
Arabia Saudí mueve ficha: la región tiembla
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Su señora de usted
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Cando a ansia manda