CONTRA EL ESTATUTO MARCO
La huelga sanitaria afecta a más de 1.700 ourensanos
A asociación cultural Agromadas vén de convocar unha nova edición do premio Freire Carril. Un galardón que dende 2009 ten como obxectivo salientar a aquelas persoas e entidades que traballan polo ben común desenvolvendo actividades de todo tipo en favor da comunidade social, da cultura en xeral e da cultura galega e o idioma de Galicia en particular.
Cun recoñecemento meramente simbólico e sen dotación económica, este premio permite a todos os socios da asociación, así como a calquera entidade asociativa ou cidadá a título particular, propor candidatos que se consideren merecedores de tal gratitude. As propostas poderán presentarse ata o vindeiro 15 de maio, cando pecharán o prazo para dar paso á labor do xurado. Cada entidade ou participante a título individual, só poderá enviar unha única proposta, e terá que facelo acompañado dunha argumentación que facilite o traballo de quen vai proclamar ao gañador. Entre as propostas presentadas, o xurado dará a coñecer o resultado, que se traducirá na entrega dun diploma acreditativo e unha figura con inscrición para o galardoado.
Maximino Cid Ferro polo seu compromiso na vida social e deportiva en Seixalbo no ano 2009; a asociación Amigos da Terra, no eido da vida sostible acorde coa natureza, ou -o máis recente- Felipe Senén López no marco do eido cultural galego, no ano 2024, foron algúns dos nomes que se fixeron co premio Freire Carril.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONTRA EL ESTATUTO MARCO
La huelga sanitaria afecta a más de 1.700 ourensanos
"EMPODERAR A LOS CIUDADANOS"
Escuelas de Salud de Atención Primaria en Ourense, premiadas a nivel nacional
50 ANIVERSARIO
Ridimoas analizará en su asamblea los daños del fuego
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 21 de marzo
Lo último
DÍA MUNDIAL DEL SÍNDROME DE DOWN
Elena Vaamonde, psicóloga de Down Ourense: "El síndrome de Down no se sufre, se tiene"
Itxu Díaz
El sutil movimiento pendular de la risa
MÉDICO INTERNO RESIDENTE
Andrea Carballo, la ourensana que sacó un 13,7 en la selectividad y ahora es la 314 del MIR
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad social y polarización