Os Concertos do Xacobeo da Xunta impulsan a oferta musical de Ourense
VALDEORRAS OU A LIMIA
Concertos do Xacobeo organiza espectáculos en concellos como O Barco, Ribadavia, Allariz, Verín, Xinzo, Castrelo, A Rúa, Celanova ou Montederramo
Cando se fala dos grandes festivais galegos é habitual pensar nas citas multitudinarias da comunidade. Porén, hai outra forma de entender a música en directo que tamén está a converter Galicia nun destino cultural de referencia. É a que representan os Concertos do Xacobeo na provincia de Ourense, un modelo da Xunta de Galicia que aposta por levar a programación da cidade ás pequenas vilas, vinculando cada concerto coa identidade do territorio, coa paisaxe, coa gastronomía e coa cultura local.
A cidade de Ourense consolídase como un dos principais polos culturais do interior galego coa celebración de diferentes concertos e festivais ao longo do ano. Pero o verdadeiro valor engadido do programa atópase na súa capacidade para distribuír actividade por toda a provincia, chegando a comarcas como Valdeorras, O Ribeiro, A Limia ou Terras de Celanova.
Así, o calendario de 2026 leva o programa dos Concertos do Xacobeo a municipios como O Barco de Valdeorras, Ribadavia, Allariz, Verín, Xinzo de Limia, Castrelo de Miño, A Rúa, Celanova ou Montederramo, configurando unha programación que estende os beneficios da cultura moito máis alá das grandes cidades.
Atrás queda unha cita que destaca con luz propia, o SilFest, que celebrou este ano a súa décima edición no Parque do Malecón do Barco de Valdeorras. O festival converteuse co paso das edicións nun dos mellores exemplos de como un evento musical pode medrar sen perder a súa identidade. Música independente, gastronomía, viños da Denominación de Orixe Valdeorras, actividades familiares e deporte compartiron na devandita décima edición protagonismo nun formato pensado para integrar o festival coa vida da comarca.
Ao longo das súas últimas edicións, o SilFest conseguiu consolidar unha importante repercusión económica para Valdeorras. Durante os días do festival, a ocupación hoteleira da comarca acada niveis moi elevados e a actividade increméntase en restaurantes, comercios, adegas e empresas de servizos. O festival converteuse ademais nun escaparate para o enoturismo e para a promoción dun territorio que cada vez recebe máis visitantes atraídos por unha experiencia que combina cultura, natureza e viño.
Outro dos nomes propios da programación é Our Fest, que consolida a cidade de Ourense como unha referencia para a música alternativa no noroeste peninsular. O festival, en Expourense cada mes de setembro, aposta por bandas internacionais de culto e contribúe a reforzar a oferta cultural da capital, ampliando o perfil dos visitantes e xerando actividade económica na hostalaría e no comercio da cidade. Esta cita é, sen dúbida, unha das grandes referencias dos Concertos do Xacobeo na provincia.
Botando a vista atrás, a principiós de ano, o Ciclo Maresía ofreceu en Ourense un dos seus concertos máis destacados, o de Pablo López o pasado mes de febreiro no Auditorio da capital. Mención especial merece tamén o Ouren Sound Fest, que en maio achegou a Ourense a figuras de referencia como Love of Lesbian, LA M.O.D.A., Carlos Ares ou Siloé na súa undécima edición, que rexistrou cifras récord: máis de sete mil persoas cada día e un retorno económico de 2,5 millóns de euros. Paralelamente, o pasado xuño en Expourense celebrouse a segunda edición do Ou Yeah!, festival que reuniu a músicos como Loquillo ou The Rapants.
O calendario dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia na provincia de Ourense complétase con propostas como O Son da Estación, do que proximamente se coñecerá o cartel, que une música e cultura vitivinícola nun dos territorios con maior tradición enolóxica de Galicia; eventos en Allariz e Ribadavia que aproveitan o valor patrimonial das súas vilas históricas; programación musical en Verín e Xinzo de Limia; e diversas citas que chegan tamén a municipios de menor tamaño, reforzando o obxectivo de descentralizar a oferta cultural.
Esta distribución territorial constitúe un dos grandes sinais de identidade dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. Fronte á concentración de grandes eventos nun reducido número de cidades, o programa aposta por crear unha rede de festivais e concertos capaces de dinamizar economías locais, favorecer o emprego cultural e impulsar sectores como a hostalaría, o comercio, o turismo rural ou o transporte.
Ese modelo tradúcese en 2026 nun cartel con preto de cento oitenta concertos, festivais e ciclos en toda Galicia, repartidos por setenta e cinco localidades, coa participación de máis de oitocentos artistas ao longo dos doce meses do ano.
Xullo
Atlantic Pride
- Data: Do domingo 5 ao domingo 12
- Lugar: A Coruña
- Destacados: Alba Reche, Arde, Jonydasvie, Julieta, Kika Lorace, Miriam Rodríguez, Montedapena, Race, Ricky Merino
O Gozo Festival
Garbage (banda estadounidense)
- Data: Luns 6
- Lugar: A Coruña, 21,30 horas
Festival de Ortigueira
- Data: Mércores 8 ao domingo 12
- Lugar: Ortigueira ( A Coruña)
- Artistas: Solas, Valtos, Lúnasa, Noon, Anxo Lorenzo, Rubén Alba
PortAmérica
- Data: xoves 9 ao sábado 11
- Lugar: Portas (Pontevedra)
- Destacados: Dani Martín, Hombres G, Rigoberta Bandini, Amaia, M-Clan, Xoel López, Sexy Zebras, Eliades Ochoa, The Rapants, Sanguijuelas del Guadiana, Repion
Ciclo Intermodal
José González
- Data: Venres 10
- Lugar: A Coruña, 21,00 horas
Carlos Rivera
- Data: Venres 10
- Lugar: A Coruña, 22,00 horas
O Gozo Festival
- Data: Sábado 11
- Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña)
- Destacados: Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora, Miriam Rodríguez
Juan Luis Guerra
- Data: Domingo 12
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 21,00 horas
Yandel Sinfónico
- Data: Domingo 12
- Lugar: A Coruña, 22,00 horas
Luar Na Lubre
- Data: Xoves 16
- Lugar: Santuario das Ermidas, O Bolo (Ourense), 22,00 horas
BigSound Pontevedra
- Data: Venres 17 e sábado 18
- Lugar: Pontevedra, 16,00 horas
- Destacados: María Becerra, David Bisbal, Nathy Peluso, Ana Mena, Juan Magán, Nil Moliner, Natalia Lacunza, Besmaya
Atlantic Fest
- Data: Venres 17 ao domingo 19
- Lugar: Vilagarcía de Ourense (Pontevedra), 13,00 horas
- Destacados: Franz Ferdinand, Two Door Cinema Club, Carolina Durante, Carlos Ares, Nacho Vegas, Triángulo de Amor Bizarro
Coruña Sounds
Alejandro Sanz
- Data: Sábado 18
- Lugar: A Coruña, 22,00 horas
Underfest Xacobeo
JET (banda australiana)
- Data: Mércores 22
- Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña), 21,00 horas
Son do Mar
- Data: Mércores 22 ao venres 24
- Lugar: Meaño (Pontevedra)
- Destacados: OBK, Tam Tam Go, Maldita Nerea, The Rapants, Marlon, Luis Fercán, Kapo, Ovy On The Drums, Lia Kali, 9Louro
Dezaseteº Ribeira Sacra
- Data: Venres 24 ao domingo 26
- Lugar: Ribeira Sacra (Ourense), 12,00 horas
- Destacados: The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Puño Dragón, Vera Fauna
Morriña Festival
- Data: Venres 24 ao domingo 26
- Lugar: A Coruña, 15,00 horas
- Destacados: Manuel Turizo, Young Miko, Myke Towers, Juanes, Hard GZ, Belén Aguilera, Marlena, Luck Ra, Henry Méndez, 9Louro
Vendaval Fest
- Data: Venres 24 e sábado 25
- Lugar: Ribadeo (Lugo), 18,30 horas
- Destacados: The Real McKenzies, Benito Kamelas, Dakidarría
Sinsal
- Data: Venres 24 ao domingo 26
- Lugar: Illa de San Simón
Orballo Cultural: Tui
- Data: Venres 24
- Lugar: Tui (Pontevedra), 12,30
- Destacados: Luar na Lubre, Balteira
Sachaso Rock
- Data: Sábado 25
- Lugar: Meaño (Pontevedra), 19,30 horas
- Destacados: Europe, Bala
Maresía
LP
- Data: Luns 27
- Lugar: Pontevedra, 20,30 horas
Costa Feira
Electrolatino, by Juan Magán
- Data: Martes 28
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra)
Noia Harp Fest
- Data: Mércores 29 ao sábado 1
- Lugar: Noia (A Coruña), 15,00 horas
- Destacados: Maee Gilchrist, Siobhán Armstrong, Sona Jobarteh, Manuel Vilas
SonRías Baixas
- Data: Xoves 30 ao sábado 1
- Lugar: Bueu (Pontevedra), 12,00 horas
- Destacados: La M.O.D.A., La Pegatina, Biznaga, Zahara, Veintiuno, Alcalá Norte, Ultraligera, Barry B
Costa Feira
Xavibo
- Data: Xoves 30
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 20, 00 horas
Romeo Santos&Prince Royce
- Data: Xoves 30
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 20, 00 horas
Ou Yeah!
Burning
- Data: Venres 31
- Lugar: O Carballiño (Ourense)
Agosto
Galicia Clarinet Fest
- Data: Domingo 2 ao domingo 9
- Lugar: Lalín (Pontevedra)
O Gran Guateqwue
- Data: Domingo 2, venres 7 e sábado 8
- Lugar: Lalín, Narón e Ribadeo
- Destacados: Orquesta Mondragón, Fórmula V
Orballo Cultural: Ribeira
- Data: Domingo 2
- Lugar: Ribeira (A Coruña), 12, 30 horas
- Destacados: Fillas de Cassandra, Catuxa Salom
Costa Feira: Nicky Jam
- Data: Luns 3
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 20,00 horas
Festival Noroeste Estrella Galicia
- Data: Mércores 5 ao sábado 8
- Lugar: A Coruña, 17,00 horas
Costa Feira: Delaossa
- Data: Sábado 8
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra)
Costa Feira: Loquillo
- Data: Sábado 8
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra)
Costa Feira: Pop á Feira
- Data: Xoves 13
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 19,00 horas
Nachiños Fest
- Data: Venres 14 e sábado 15
- Lugar: Ferrol (A Coruña), 19,00 horas
- Destacados: The Rapants, Baiuca, Puño Dragón
Costa Feira: Rusowsky
- Data: Sábado 15
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 20,00 horas
Costa Feira: Taburete
- Data: Xoves 20
- Lugar: Sanxenxo (Pontevedra), 20,00 horas
Río Verbena Fest
- Data: Venres 21 e sábado 22
- Lugar: Pontevedra, 17,00 horas
- Destacados: Love of Lesbian, Siloé, La La Love You, Carlos Ares, Sidonie, Sanguijuelas del Guadiana, Yoly Saa, Luis Fercán, Cora, Los Acebos, Señora DJ.
SoaSuarna
- Data: Sábado 22
- Lugar: Navia de Suarna (Lugo)
- Destacados: Kid Mount, De Ninghures, Futuro Alcalde, Antía Muíño.
Rock entre pedra e poesía (REP2)
- Data: Domingo 23
- Lugar: Celanova (Ourense), 22,00 whoras
Festival de la Luz
- Data: Venres 28 ao domingo 30
- Lugar: Boimorto (A Coruña), 11,30 horas
- Destacados: Pablo Alborán, Repion, Chambao, Nena Daconte, La Bien Querida, Ráfaga, Luar na Lubre, La Paloma, Budiño, Ona Mafalda, Cómplices
Lingua Urbana-Santiago
- Data: Venres 28
- Lugar: Santiago de Compostela, 18,00 horas
Wake up! SdC
- Data: Sábado 29
- Lugar: Santiago de Compostela, 18,00 horas
Setembro
Recorda Fest
- Data: Venres 4 e sábado 5
- Lugar: A Coruña, 15,30 horas
- Destacados: Beret, Juan Magán, Taburete, Hydn, Inazio, Mafalda Cardenal
Revenidas
- Data: Xoves 10 a domingo 13
- Lugar: Vilaxoán de Arousa
- Destacados: Evaristo Páramos, Kumbia Queers, Rebeliom do Inframundo, Süne, Ilan Amores, Arrhythmia, Nadie González
Wos Festival
- Data: Venres 11 a domingo 13
- Lugar: Santiago de Compostela
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último