DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 3 de agosto
DÍA MUNDIAL DA MATRONA
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase ao Día Internacional da Matrona e aposta polo seu papel como referente no coidado da muller, estendendo a súa presenza no Hospital Público de Verín e na planta de obstetricia do Hospital Universitario de Ourense, para potenciar a lactación materna e os coidados postparto en coordinación co persoal deste servizo.
A Área Sanitaria de Ourense conta con corenta e unha enfermeiras especialistas en obstetricia e xinecoloxía presentes en todos os niveis asistenciais. Catorce en Atención Primaria e vintesete en hospitalaria, en concreto, catorce no Hospital Universitario de Ourense, sete no Hospital Público de Valdeorras e seis no de Verín.
As matronas de Ourense desempeñan un papel clave nos centros de saúde. Con catorce profesionais adscritas aos distintos Servizos de Atención Primaria estas profesionais contan cunha ampla carteira de servizos integrados no Programa da Muller, que inclúe o seguemento do embarazo de baixo risco, a formación pre e post parto, a educación maternal, a atención integral á saúde sexual e reprodutiva e a menopausa.
Ademais, as matronas de atención primaria son tamén parte esencial do funcionamento a do Cribado de Cancro de Cérvix, posto en marcha recentemente pola Dirección de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Papel que non é novo para as especialistas que xa desenvolvían unha labor de prevención deste cancro feminino.
Ao igual que no conxunto de atención primaria, as matronas manteñen unha actividade de iniciativas de saúde comunitaria, como nos obradoiros de menopausa de Valle Inclán, de Seguridade Vial en Ribadavia, de chan pélvico en Ribadavia e Celanova, ou de educación afectivo sexual en diferentes institutos por parte das profesionais de O Couto, Ribadavia e Celanova.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 3 de agosto
MENOS EN LA CUENCA DEL TÁMEGA
Activada la prealerta por sequía en toda la provincia de Ourense, con los ríos un 45% por debajo de su caudal habitual
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas