DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
Acreación colectiva marcou a xornada deste mércores na MIT de Ribadavia, centrada na recuperación da memoria e a reflexión sobre a identidade e o territorio, con actividades como obradoiros, mostras abertas e espectáculos que puxeron en valor a forza do teatro como ferramenta social e artística.
A xornada comezou co Obradoiro de Máscara Neutra da compañía Mar Navarro, continuando co Laboratorio “Pan, nubes e chocolate”, do colectivo A Volátil, que culminou cunha mostra aberta ao público.
A artista portugUesa Patricia Portela presentou tamén unha mostra aberta do obradoiro “Os Passadores”, unha creación transfronteiriza que xorde de historias reais de contrabando e exilio entre Galicia e Portugal,
O Auditorio Rubén García do Castelo acolleu como colofón o espectáculo “Reconversión” de Ibuprofeno Teatro, unha proposta de gran formato que mestura teatro e música en directo para abordar, desde a memoria íntima e política, a reconversión naval na Ría de Vigo e as loitas obreiras dos anos 70 e 80. Dirixida por Santiago Cortegoso, a función puxo en escea a oito actores-músicos, que renderon unha homenaxe á xeración que viviu a transformación industrial e social do país.
Etse xoves a MIT abrirá cun obradoiro de clown impartido por Roi Borrallas. Ás 19,00 horas, a Igrexa da Madalena acollerá a celebración dos 20 anos do Premio Abrente, un espazo de recoñecemento e reflexión sobre dúas décadas de impulso á dramaturxia galega contemporánea.
A programación continuará ás 21,00 horas na rúa de Santo André coa representación de “HIT (out)”, da compañía Parini Secondo, pechando a xornada con“Crátera”, da compañía portuguesa Circolando / CRL - Central Elétrica, ás 23,00 horas, no Auditorio do Castelo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un menor herido y un trasladado en una salida de vía en Ribadavia
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira