SÉPTIMA EDICIÓN
ReVive llevará artesanía y reciclaje creativo a Ribadavia
OBRADOIROS E EXPOSICIÓNS
Ribadavia conmemora o Día das Letras Galegas cunha programación diversa, comprometida coa cultura galega, e con actividades que promoven a lingua, a música tradicional e o comercio local.
A programación incluirá actividades musicais, obradoiros e exposicións, dando protagonismo ás cantareiras, ás que se lles rende homenaxe nesta edición das Letras Galegas.
Unha das iniciativas destacadas é a encamiñada a incentivar a lectura en lingua galega e apoio ao comercio local, ofrecendo un desconto dun 20% en libros nas librarías da vila polas compras realizadas ata o 17 de maio, unha rebaixa cuxo custo asumirá o Concello.
O día 17 a programación inclúe un obradoiro intensivo de pandeireta, que se impartirá en horario de mañá e tarde no antigo colexio da Alameda; unha actividade é gratuíta, aberta a todas as idades e niveis.
A esta proposta súmase a exposición “Canta que cadramos ben”, que se pode visitar na Biblioteca Municipal de Ribadavia. Trátase dunha mostra e unha unidade didáctica promovida pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, co fin de achegar á cidadanía o legado das cantareiras e da literatura popular oral. Esta exposición, elaborada polo IES Castelao de Vigo, foi premiada no Concurso das Letras Galegas 2025 na categoría de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.
Na fin de semana Ribadavia acollerá ademais a Feira Revive do Ribeiro, un evento de suprareciclaxe e consumo consciente, que terá lugar os días 17 e 18 de maio na Igrexa da Madalena, con exposicións, charlas, obradoiros de reciclaxe e actuacións musicais.
Nesta cuarta edición, a feira incorpora tamén actividades vinculadas á conmemoración das Letras Galegas. Así, o sábado 17, ás 12.30 horas, terá lugar a actuación das Pandereteiras da Istoria. Pola tarde realizaráse un obradoiro de construción dun pandeiro vegano impartido por Troula Instrumentos, a partir das 17,00 horas, mentres que ás 19,30 horas o DJ Chemigal ofrecerá unha sesión con música exclusivamente de artistas galegos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SÉPTIMA EDICIÓN
ReVive llevará artesanía y reciclaje creativo a Ribadavia
TECNOLOGÍAS DIGITALES
Ribadavia acoge un programa de emprendimiento con la inteligencia artificial
"AXUDARÁ A SECTORES CLAVE"
Ribadavia apela a la economía social como motor de la villa
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año