DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
A chuvia fixo aparición na xornada do sábado da XLI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e obrigou a suspender o obradoiro “El desenterrador” do domingo, mais sen restar brillantez ao resto do programa, que completaron tres espectáculos.
A obra de Disiden.Cia, con Martín Los Arcos e Marcia Vázquez e titulada “Bipedestrución” rexistrou unha máis que boa entrada co seu espectáculo familiar de danza contemporánea, pensado para tódalas idades e que leva ao público a preguntarse sobre a propia identidade.
O segundo acto do programa do día foi “Cerrados y dormidos los bailan”, de Marta Azparren e Natalia Fernandes, precednedo a obra “Non pasarán”, da compañía Ártika Cia, dirixida por Tito Asorey e cun elenco que forman Marcos Alonso, Rocío Salgado, Fernada Barrio e Martín Maez. Estapeza teatral leva ao público a un país sacudido polos incendios que provoca unha organización descoñecida, onde a cidadanía responde co mensaxe que da título a peza “Non pasarán”, e onde un pai e a súa filla acollen en casa a unha misteriosa parella.
Son sete as citas programadas para este luns, que comenzan na praza de abastos cunha conversa arredor de “A derradeira leición”, da compañía Chévere; para seguir co laboratorio “Pan, nubes e chocolate”, de A Volátil no Museo Etnolóxico; e os obradoiros “Os Passadores”, de Patricia Portela, xunto con “Máscara neutra”, de Mar Navarro. O apartado adicado aos espectáculos inclúe as obras seguintes: “Castelao, un corazón á interperie”, de Fantoches Baj; “Las magias (site specific)”, de Teresa Lorenzo ; e “Sobre o extravío ou a arte de perderse”, de Furia Sotelo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un menor herido y un trasladado en una salida de vía en Ribadavia
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira