A Xunta de Galicia confirma o seu apoio á Mostra de Teatro
MIT
A carteleira combinará nomes internacionais e talento galego emerxente e consolidado
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, e coa nova directora artística da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, Sabela Mendoza, para abordar a renovación do apoio da Xunta de Galicia á organización do certame, que desenvolverá a súa 41ª edición do 18 ao 26 de xullo baixo o lema Escenas en tránsito.
O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, e a directora adxunta da Mostra, Gena Baamonde, participaron nesta xuntanza, na que o novo equipo da mostra avanzou as principais liñas da programación deste ano, que porá o foco en propostas que exploran a mobilidade entre linguaxes, corpos e territorios. O seu obxectivo é reforzar a identidade do festival como referente cultural e motor para a creación, a diversidade e a pluralidade no ámbito das artes escénicas a través dunha carteleira que combinará coñecidos nomes internacionais, talento galego emerxente e consolidado, coproducións, residencias, premios e actividades paralelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un menor herido y un trasladado en una salida de vía en Ribadavia
Lo último
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos