Un anuncio sobre a Ribeira Sacra, candidato aos Premios Mestre Mateo
AUDIOVISUAL GALEGO
Arraiano Producións vén de presentar aos premios Mestre Mateo un anuncio sobre o impacto do Plan Ponars na dinamización do territorio da Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra buscar estar representada na gala dos XXIV Premios Mestre Mateo, que escollen o mellor do audiovisual do país neste último ano, e que terá lugar en Lugo o 21 de marzo.
Un dos candidatos na categoría de mellor anuncio, e que aspira a estar entre os finalistas, é unha peza sobre o impacto do Plan de Ordenación de la Navegación y el Atraque de la Ribeira Sacra (Ponars) na dinamización do territorio da Ribeira Sacra, que loita por ser Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
O anuncio é obra de Arraianos Producións, dirixido e guionizado polo banduense Aser Álvarez, para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Ao longo de 10 minutos, entrevístase a persoas vencelladas á Ribeira Sacra, que motivan a necesidade actual do Ponars como aposta firme cara o uso sustentable e responsable do río, elemento vertebrador da paisaxe que representa esta zona da provincia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROCEDIMIENTO ADMINISTRATIVO
Tasga pugna con Iberdrola y Naturgy por la central hidroeléctrica de bombeo en la Ribeira Sacra
EVOLUCIÓN FAVORABLE
El incendio de Quiroga queda estabilizado tras quemar 420 hectáreas
Lo último