Apicultores do Riós piden medidas para protexer o mel local
AMEAZA DAS VELUTINAS
Os produtores apícolas do Riós sinalan como principais problemas, ante deputados autonómicos do PP, a entrada de mel de baixa calidade e a ameaza das velutinas
Dúas explotacións apícolas do concello de Riós, Mel da Ribeira e Abella Obreira, recibiron a visita dun grupo de deputados autonómicos do PP por Ourense formado por Miguel Ángel Viso, Cristina Campero e Víctor Manuel Baladrón, acompañados pola alcaldesa local, Eva Barrio. Durante o encontro, os produtores de mel expuxéronlles ós representantes institucionais as dificultades ás que se enfrontan, fundamentalmente a causa da competencia desleal das importacións e da elevada mortalidade das abellas.
Logo de visitar as explotacións, tanto a zona de envasado como un apiario en funcionamento, os parlamentarios escoitaron de primeira man a “situación crítica na que se encontra esta produción”, segundo expresaron os apicultores, que lamentaron a crecente entrada de mel de baixa calidade que está a provocar a caída dos prezos, así como a ameaza constante de enfermidades e especies invasoras como a vespa velutina.
“Non podemos permitir que os nosos apicultores se vexan obrigados a competir en desigualdade de condicións”, denunciou Viso en nome da delegación popular. Ademais insistiu en que “é urxente que o Ministerio de Agricultura actúe para protexer un sector que non só xera emprego e riqueza, senón que é vital para a biodiversidade e a seguridade alimentaria”.
Importancia do sector
A alcaldesa do Riós agradeceu a presenza dos deputados e destacou a importancia da apicultura para o desenvolvemento rural. “A apicultura é unha actividade esencial no noso concello, tanto económica como ambientalmente. É imprescindible apoiar aos nosos produtores e defender a calidade do mel galego”, afirmou.
Os populares lembran que a Xunta habilitou 1,4 millóns en axudas para modernizar as explotacións, combater enfermidades e ás especies invasoras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O día que tremeu a terra e calou a burga
TRAS DOS DERROTAS
El Voleyourense se lleva el derbi en A Coruña (2-3)
Francisco Muro de Iscar
Una mirada preocupada al País Vasco