Afonso Vázquez-Monxardín
Reconstruír o relato galeguista
Ano 1938, Bujarin foi invitado o Primeiro Congreso de Poesía como principal orador. As súas verbas foron premiadas con atronadores aplausos. Bujarin, pálido e aterrado: “Que fixésedes? Os vosos aplausos son a causa da miña sentencia de morte”. A ovación non lle escapou a Stalin.
Praga 1968, Mijaíl Suslov, destacado estadista e ideólogo soviético chegou a ser o gardián da ortodoxia marxista-leninista na URSS en tempos da troika que controlaba o poder (Brézhnev, Kosyguin e Podgorni) tras a substitución de Jruhchov. Cando as tropas do Pacto de Varsovia invadiron a cidade, Suslov fracasa nas reunións en Cierna, na fronteira de Eslovaquia coa URSS. Sen embargo, en Bratislava, Dubcek, secretario do PC checoslovaco, asinou a fidelidade do seu país ós principios do marxismo-leninismo.
Os disparos das forzas represivas causaron decenas de mortos. Preocupado pola revolta, Ceausescu decide convocar en Bucarest a poboación, convencido da súas facultades oratorias e da lealdade dos convocados.
Contan as crónicas que una vez que os tanques soviéticos tomaron o control do Goberno de Checoslovaquia, Suslov recibiu a orde de xuntarse cos principais membros do partido para explicar as medidas que se adoptaron para impedir que as reformas impulsadas por Dubcek favoreceran os países inimigos do chamado “socialismo real”. Suslov empezou a xuntanza co clásico saúdo: “Camaradas…” Instantáneamente un forte e prolongado aplauso impediulle continuar. Reiteradamente intentou comezar sen variar o saúdo obrigatorio: “Camaradas…” Un aplauso más intenso volveulle a impedir continuar no uso da palabra. Algo que insistentemente repetiu cun resultado cada vez máis estrondoso. Humillado polos camaradas checos, a eminencia gris do comunismo soviético suspendeu a xuntanza. A ortodoxia do PCUS foi a lousa que enterrou o “socialismo real”.
16 de decembro de 1989, na República Socialista de Rumanía. O presidente do país, Nicolae Ceausescu, comparte o poder coa súa muller, Elena Petrusco, desde o ano 1967. Na cidade de Timisoara estalla un movemento popular en solidariedade co pastor (chegou a bispo) László Tókés. Os disparos das forzas represivas causaron decenas de mortos. Preocupado pola revolta, Ceausescu decide convocar en Bucarest a poboación, convencido da súas facultades oratorias e da lealdade dos convocados. 0 21 de decembro comezou o mitin coa intervención do presidente, que foi respondido con aplausos xerais; pero cando o presidente empezou a cantar a Internacional un mozo gritou: “Morte ó ditador”. Un apupo impediu que o matrimonio volvera falar e ámbolos foron detidos e vilmente executados, culpables de xenocidio.
Cando empeza a ser perigoso dicir a verdade nunha sociedade democrática? Donald Trump sábeo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último