A colaboración coa Deputación, clave nos núcleos do Riós
PLAN COOPEROU
O Concello do Riós continúa avanzando na mellora da mobilidade nos seus núcleos grazas á colaboración institucional coa Deputación
Froito desta cooperación, no Riós executáronse recentemente dúas actuacións importantes de renovación do pavimento nos lugares da Veiguiña, Dómez e Valfarto, na parroquia de Trasestrada, e en Covelas, na parroquia de Castrelos de Cima.
Na Veiguiña, os traballos de mellora do firme permitiron dotar a contorna de viarios máis cómodos, seguros e esteticamente coidados, facilitando o tránsito de vehículos e veciñanza.
Esta actuación, financiada integramente pola Deputación, responde á estratexia conxunta de apoio aos pequenos municipios no seu desenvolvemento e na modernización das infraestruturas básicas.
Pola súa banda, en Dómez completouse a segunda fase das obras de mellora das súas rúas, tamén cun 100 % de financiamento por parte do organismo provincial.
O pavimento totalmente renovado reforza a accesibilidade, embelece o espazo público e afianza o compromiso do Concello coa transformación progresiva do seu territorio.
A rexeneración dos firmes de Covelas e Valfarto forma parte do mesmo proxecto, financiado a través do Plan CooperOU da Deputación con 48.000 euros.
“Transformar o territorio”
A alcaldesa, Eva Barrio, asegura que “estamos a transformar o noso territorio, paso a paso, cunha aposta firme pola calidade de vida da veciñanza”.
Tamén destaca que se continuará “traballando para dignificar cada recuncho do noso concello, mellorando servizos e creando espazos máis agradables para vivir”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Roberto González
Seguridad subjetiva
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados