RETENCIONES
Un herido en Riós tras la colisión de dos coches
PLAN HURBE
A rúa principal de Fumaces, no concello do Riós, unha vía pola que discorre un tramo da Vía da Prata, está a ser obxecto de obras de reforma, co fin de mellorar a accesibilidade da veciñanza e contribuír á mellora paisaxística da contorna do Camiño de Santiago.
Nas actuacións son froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o ente municipal. En virtude do mesmo, investíronse máis de 237.000 euros, dos que o 70% apórtaos a Xunta, e o 30% restante a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fumaces.
O delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, supervisou xunto coa alcaldesa, Eva Barrio, o estado dunhas obras que teñen previsto rematar o próximo mes.
En concreto se está a levantar o pavimento existente, arranxando aqueles tramos da canalización de augas pluviais que presenten deficiencias e colocando unha nova pavimentación polo tramo que pasa a Vía da Prata.
Pardo explicou que esta actuación desenvólvese ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar iniciativas que inciden de forma positiva na calidade de vida da poboación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RETENCIONES
Un herido en Riós tras la colisión de dos coches
75 RESIDENTES HABITUALES
Galería | Progo se llena de vida y reencuentros con una comida entre vecinos, en fotos
"USO RESPONSABLE"
A Gudiña y O Riós restringen el consumo vecinal del agua
OBITUARIO
Adeus a Lola, a tecedora de afectos
Lo último
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere el conductor de un camión tras volcar el vehículo en Lugo
TERROMOTO EN COLOMBIA
Decretado el toque de queda en Cali y Pereira tras el terremoto de Colombia