O punto de atención á infancia do Riós suma aerotermia
MELLORA DA EFICIENCIA
O delegado da Xunta, Manuel Pardo, e a alcaldesa, Eva Barrio, supervisaron o remate do novo sistema de climatización no PAI do Riós, financiado cunha axuda de 60.000 euros para mellorar as infraestruturas deste servizo vital no medio rural
O Punto de Atención á Infancia (PAI) do concello do Riós vén de mellorar a súa eficiencia enerxética grazas á instalación dun novo sistema de aerotermia financiado cunha achega de 60.000 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Esta intervención permitiu substituír a antiga caldeira de combustibles fósiles por un equipamento máis eficiente e vantaxoso para o medio ambiente.
O remate destes traballos foi supervisado polo delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo, e mais a alcaldesa, Eva Barrio. Este centro rural, que actualmente atende a 12 nenos de entre 0 e 3 anos, supón un recurso esencial para a conciliación laboral e familiar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último