Doutor Santiago Soto Iglesias: “Debemos voltar a pautas de alimentación tradicionais”

SALUD

Santiago Soto é doutor especialista en saúde dixestiva: "É importante evitar hábitos como as 'comidas rápidas' e, sobre todo, o abuso de tóxicos coma o alcohol e o tabaco"

Publicado: 17 may 2025 - 18:00 Actualizado: 17 may 2025 - 18:31

O doutor Santiago Soto, na súa consulta médica.
O doutor Santiago Soto, na súa consulta médica.

O benestar dixestivo inclúe a adecuada dixestión de alimentos, o correcto tránsito intestinal, unha microbiota equilibrada e ter defensas adecuadas. O doutor Santiago Soto, especialista en endoscopia terapeutica,ecografia e a enfermidade inflamatoria intestinal, destaca a importancia de unha boa alimentación e da prevención para ter unha boa saúde dixestiva.

Pregunta. Que importancia ten a alimentación na saude dixestiva?

Respuesta.A alimentación ten un papel moi importante sobre a nosa saúde (non só dixestiva senón tamén cardiovascular,...). Os hábitos dietéticos axeitados cunha alimentación natural variada xunto con exercicio físico e uns horarios ordenados (de traballo e sono) conducen a un bo estado de saúde. Pola contra, dietas baseadas en alimentos precociñados e procesados son moi hipercalóricas, con exceso de azucre, graxas saturadas ademáis de conservantes…. son pouco saudables. En resumo, debemos voltar a pautas de alimentación tradicionais (como a dieta Atlántica que é moi variada con presenza de carnes e peixes frescos de alta calidade e rica en verdura e legumes) evitando as “comidas rápidas” e sobre todo o abuso de tóxicos coma o alcol e o tabaco

P.Cal é o enfoque actual da medicina na prevención das doenzas do aparello dixestivo?

R.O enfoque actual da medicina na prevención de doenzas relacionadas co aparello dixestivo baséase nunha combinación de estratexias que inclúen hábitos saudables, detección temperá e avances na medicina personalizada. Nun primeiro lugar, cumpre salientar os hábitos alimentarios e de estilo de vida. Manter unha dieta equilibrada como comentei anteriormente, non esquecer unha hidratacion axeitada (beber auga suficiente axuda na dixestión e prevén o estrinximento). O exercicio regular mellora a nosa saude en xeral, cardiovascular, articular,… e tamén dixestiva mellorando a motilidade e previndo o risco doutras enfermidades. O exercicio axudanos tamén a controlar o estrés que pode afectar ao sistema dixestivo provocando síntomas de malas dixestións ou a sindrome do intestino irritable.

P.Hai algún programa de prevención que quiera destacar?

R.Un dos mais salientables e coñecidos é o programa galego de cribado do cancro colorrectal coa determinación de sangue oculto nas feces de toda poboación a partires dos 50 anos. Tamén a determinación da presenza e erradicación do H pylori (que é unha bacteria que pode estar no estómago) para previr as úlceras gastroduodenais ou o cancro de estómago nalgúns casos. Nos últimos anos estase a erradicar a infección polo virus da hepatite C grazas a fármacos moi efectivos evitando a evolución a cirrose ou hepatocarcinoma. Recomendamos evitar o alcol, controlar a obesidade e manter dieta saudable para evitar doenzas hepáticas coma o fígado graxo. No refluxo gastroesofáxico (que produce dor na boca do estómago e ardor) recomendamos a perda de peso, facer comidas menos copiosas evitando irritantes. Evitar o tabaco para previr doenzas coma a pancreatite crónica...

P.Como é o uso da tecnoloxía na prevención de enfermidades dixestivas?

R.Non podemos esquecer o papel da tecnoloxía e da medicina personalizada. Estúdiase o papel da flora intestinal para mellorar a saúde dixestiva. Tamén empregamos probas xenéticas e biomarcadores para predicir riscos e adaptar tratamentos personalizados. Os avances en endoscopia permiten a detección temperá e menos invasiva das enfermidades e facilitan a realización de tratamentos que antes requerían de intervencións cirúrxicas. Tamén quixera salientar a importancia da educación e concienciación da sociedade. Debemos incidir na información sobre factores de risco coma as drogas, alcol , tabaco e sedentarismo; tamén na promoción de revisións regulares ou ante datos de alarma.

P.Cales son as patoloxías dixestivas mais comunes entre os ourensanos?

R.As patoloxías mais frecuentes son por sorte as menos graves (a dispepsia funcional, a sindrome de intestino irritable, o estreñimento...) Porén, os médicos temos que pór máis interese nas doenzas mais graves ( hepatopatías avanzadas, enfermidade inflamatoria intestinal, cancro colon...).

P.Debe facerse unha revisión específica a partir de algunha idade?

R.Actualmente temos que promover que toda a poboación a partir dos 50 anos participe no programa de cribado de cancro colorrectal. Por outra banda acudir ao médico de cabeceira se hai síntomas de dixestivo, No caso de ter datos de alarma, éste remitirá o paciente ao especialista.

P.Cales son os síntomas dixestivos que deben ser tratados con urxencia?

R.Existen situacións que obrigan a acudir aos servizos de urxencia do hospital. A presenza de vómitos con sangue ou a presenza de sangrado rectal (excluindo o sangrado hemorroidal) debe ser motivo de consulta urxente. A dor abdominal intensa asociada vómitos , febre… poden reflectir inflamación da vesícula ou páncreas que requiren ingreso hospitalario urxente. Outros sintomas como a ictericia (cor amarela da pel) pode indicar hepatite ou obstrucción dos conductos da bile e tamén é motivo de atención preferente.

P.Como avanzou na tecnoloxía medica nos últimos anos nesta especialidade?

R.Nos últimos tempos, houbo importantes avances tecnolóxicos en medicina do aparato dixestivo, mellorando a prevención, diagnóstico e tratamento de diversas enfermidades. Tocante os avances nas técnicas de diagnóstico podemos falar da “Endoscopia avanzada” con ópticas de alta definición e cromoendoscopia , que permiten unha visualización máis detallada das mucosas e das lesións. En canto as novidades tecnolóxicas nos tratamentos temos que falar de procedementos como a disección endoscópica submucosa (ESD) e a resección endoscópica de mucosa (EMR) que permiten extirpar pólipos e tumores precoces sen necesidade de cirurxía aberta.

P.Como ve o futuro da especialidade?

R.Polo que estiven contando anteriormente estamos ante unha fragmentación da especialidade en subespecialidades con coñecementos moi específicos e técnicas complexas. O reto é seguir mantendo ao paciente no centro dos procesos de tal maneira que reciba un tratamento integral de todas as súas doenzas .

Contenido patrocinado

stats