CAMPEÓN MUNDIAL
Galería | San Xoán de Río se convierte en capital de los dardo
OBRADOIROS E POSTOS
O polideportivo municipal de San Xoán de Río acolleu onte finalmente a III Festa da Tenreira, prevista inicialmente para o 14 de agosto, pero que tivo que ser adiada por mor da vaga de lumes que arrasou varias comarcas da provincia, e da que tristemente Terra de Trives tampouco se librou.
Igual que os dous anos anteriores, o prato estrela foi a “tenreira con tenrura”, produto local de Río, criado e cociñado con agarimo, neste caso asada e acompañada por patacas. Os 300 comensais, que encheron o recinto e esgotaron tódalas entradas dispoñibles, gozaron ademais da carne dun menú no que tampouco faltou a empanada, os langostinas e a bica.
A sobremesa contou así mesmo coa amenización musical do grupo tradicional Trioparata, procedentes de Teo e que contaron coa presenza do mestre gaiteiro Xermán Soneira, de 87 anos. Como colofón á xornada festiva, na que se deron cita veciños do concello e tamén doutros da contorna, a cantante eurovisiva Lucía Pérez ofreceu un concerto á tarde-noite que puxo o broche de ouro a unha festa gastronómica nova, pero que xa é unha cita inesquecible na comarca.
Á mañá, a casa consistorial foi o escenario do I Rural SocialTech 2025, un evento con entidades e ponentes de varios sectores e centrada na economía social, a innovación tecnolóxica e o talento xuvenil e feminino para construír o rural do futuro. Os relatorios estiveron divididos en varios bloques temáticos, tales como fondos europeos, novas tecnoloxías, xestión forestal ou emprendemento rural.
Ao remate houbo un networking interxeracional e abriu ao público unha mostra con distintos postos. O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o deputado provincial de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, foron algúns dos representantes presentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga