MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
CONCA DO LIMIA
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, acolle a vinte alumnos do curso de Restauración de Sistemas da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), para darlles a coñecer procesos e exemplificacións de destrución e restauración dos ecosistemas na conca do Limia.
O curso trata aspectos como a degradación ambiental, a relevancia do medio natural e da paisaxe, a lexislación vixente aplicable e como abordar proxectos de restauración. Durante o programa, os alumnos realizan visitas e traballos de campo para o estudo de casos de restauración de ecosistemas, sendo a Limia a sexta.
Coa asesoría da Sociedade Galega de Historia Natural, os alumnos visitaron varios casos na Lagoa de Antela e nas Areeiras de Sandiás. Tamén aprenderon dos diferentes proxectos que se levan a cabo na Limia como o In-visiblePollut, desenvolvido por Amigas das Cegoñas con Ecoembes, Ecoloxistas en Acción, Libera, SEO BirdLife e o Departamento de Química Analítica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
El Barco vence por la mínima y ya es colíder (1-0)
La Región
Apoyemos las ideas constructivas
SIGUE EL DESCENSO
La compraventa de vivienda cae un 7,1% en el primer semestre