MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
MICOLOXÍA
O Concello de Sandiás organiza este sábado, 15 de novembro, a súa Xornada Micolóxica, un roteiro guiado pola asociación micolóxica “Os Cogordos”, de Ourense, e que celebra a súa séptima edición
A actividade, aberta a toda a veciñanza, sairá ás 9,00 horas dende a Casa do Concello ao monte, para o facer un roteiro de recollida e exposición dos cogomelos da contorna. Logo, celebrarase un obradoiro de cociña con cogomelos para aprender formas de consumir este produto natural antes do faladoiro sobre micoloxía, onde os membros da asociación micolóxica “Os Cogordos” farán un asesoramento pedagóxico aos interesados. A actividade é de balde e dende o Concello recomendan levar roupa e calzado impermeable, unha navalla para recoller os cogomelos, cesto, aperitivos e bebidas.
As inscricións pódense facer ata mañá, venres 14 de setembro, no teléfono do Concello de Sandiás en horario de 9,00 a 14,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres