MELLORAS NAS VÍAS RURAIS
Sandiás renova o firme de tres vías por 49.000 euros
Oficios tradicionales
O II Obradoiro de Costura do concello de Sandiás dará comezo mañá, xoves 8 de maio, dende ás 18,00 ata ás 20,00 horas, no local social do Concello. Os participantes inscritos nesta reunión decidirán cal será o horario fixo e a organización en grupos para o resto do curso.
Geni Losada, natural da aldea de Piñeira de Arcos, será a encargada de dirixir este obradoiro, no que os participantes porán a proba a súa iniciativa e creatividade con proxectos de patronaxe e confección. Os alumnos tamén aprenderán a adaptar modelos segundo as tallas e a realizar todo tipo de arranxos e modernización de pezas.
A costura ten efectos beneficios para ás persoas, desenvolvendo capacidades cognitivas como a orientación espazo-temporal e a resolución creativa de problemas, alén da atención e a concentración.
As pezas confeccionadas sairán á luz na segunda edición da exposición que se realiza ó rematar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORAS NAS VÍAS RURAIS
Sandiás renova o firme de tres vías por 49.000 euros
ARTESANÍA DE GALICIA
O arte de montar canas de pescar en Sandiás
PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
Lo último