ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
CONSERVACIÓN
O Concello de Sandiás xa estreou o seu novo tractor desbrozadora municipal, pois dende a semana pasada está a realizar tareas nas estradas e camiños interiores nos núcleos de poboación máis afectados polas inclemencias meteorolóxicas das pasadas xornadas.
O novo vehículo tivo un custe de 121.000 euros, e foi posible grazas a un convenio entre a Deputación e o Concello no marco do progarma de colaboración para a prevención de incendios forestais, sumando aos medios municipais para continuar coa limpeza das aldeas, estradas e pistas. “A mellora e mantemento das infraestructuras é un dos grandes obxectivos deste grupo de goberno”. A Deputación fixo o aporte principal, mentres que o Concello se fixo cargo do IVE.
Este novo tractor tipo 4x4 conta cunha desbrozadora de brazo articulado hidráulico e unha rozadora de arrastre, ferramentas que “contribuirán a acadar os obxectivos municipais”. O vehículo tamén conta con equipamento de señalización e balizamento homologado para o seu uso en obras móbiles en estradas.
“Para un Concello como o noso, pequeno pero moi disperso, a prevención ten que ser unha prioridade absoluta, chegando a máis zonas en menos tempo e garantindo que as infraestructuras e contorno das vivendas estean limpas e seguras”, fixo fincapé o alcalde, Felipe Traveso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior