MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
MELLORAS NAS VÍAS RURAIS
O Concello de Sandiás executou o acondicionamento de vías nas aldeas das Pegas, Cardeita e Sandiás. A intervención contou cun orzamento de preto de 49.000 euros, sufragados mediante unha subvención de 40.000 euros da Deputación de Ourense e unha achega de 8.000 euros do propio ente local. Os traballos realizounos a empresa Excavaciones P. Prol S.L.
O proxecto incluíu a ampliación dun camiño na Aldea das Pegas e o acondicionamento doutra vía en Cardeita. No núcleo de Sandiás, reparouse a rede de pluviais no Barrio de Abaixo e adecuouse a rúa San Bieito e a Fonte do Regueiriño. As obras requiriron demolicións, corrección de rasantes e a reposición do pavimento con formigón. Amais, substituíronse sumidoiros, instalouse tubaxe para as pluviais e limpáronse as cunetas mediante o uso de maquinaria específica.
O Concello de Sandiás busca con estas actuacións dotar os núcleos rurais do equipamento básico de infraestruturas para mellorar a calidade de vida da veciñanza e as condicións da contorna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
Lo último