COLABORACIÓN EUROPEA
O CDR Viso analiza con homólogos franceses a ameaza dos lumes
COLABORACIÓN EUROPEA
As instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso en Lodoselo (Sarreaus) acolleron unha visita dunha delegación da histórica organización Secours Populaire Français -Axuda Popular Francesa- xunto ao xerente da confederación Coceder. O encontro serviu para intercambiar experiencias e inquedanzas sobre o desenvolvemento do territorio e abrir a porta a futuras colaboracións con esta entidade nada en París que hoxe conta con preto de 100.000 voluntarios.
O eixe central do encontro foi a problemática dos incendios forestais. Na análise conxunta, advertiuse do progresivo abandono do rural e da necesidade de rachar coa idea de que o monte arde de xeito inevitable, poñendo o foco na orixe humana. O colectivo limiao alertou da grave falta de ordenación e de prevención activa, criticando que a meirande parte dos orzamentos se destinen case en exclusiva á extinción.
Fronte aos lumes de sexta xeración, O Viso urxiu adaptar a contorna á crise climática con solucións baseadas na natureza. Para lograr ecosistemas forestais máis resilientes, apostaron por recuperar as paisaxes de mosaico e os “ecosistemas esponxa” (brañas e humedais) para reter a auga fronte á seca, e substituír os monocultivos inflamables por estruturas diversificadas e impulsar unha xestión sustentable mediante oficios tradicionais e gandaría extensiva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLABORACIÓN EUROPEA
O CDR Viso analiza con homólogos franceses a ameaza dos lumes
"PRESTIGE DE SARREAUS"
Alerta de posible contaminación por un barco hundido en la Lagoa de Antela
MODA Y TRADICIÓN
Artesanía e investigación se citan en el Paseo de la Lana en A Limia
Lo último
ENTORNOS DIGITALES SEGUROS
La ley para prohibir las redes a menores vuelve al Congreso
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 27 de septiembre
La Región
IA en Bruselas