A Limia acolle os ensaios de novas variedades de cereal
TRIGO E CENTEO
Téstanse en todas as Comunidades Autónomas do Estado, e no caso de Galicia, elíxese A Limia
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), en colaboración co Inorde, e Patacas AMA, organizaron onte unha xornada de valoración de 14 variedades de trigo de inverno e 4 variedades de centeo en Sarreaus, para que os profesionais da Limia puidesen comprobar in situ os resultados dos ensaios realizados.
Estas novas variedades téstanse en todas as Comunidades Autónomas do Estado, e no caso de Galicia, elíxese a Limia pola tradición e gran volume de profesionais deste sector. Os resultados téstanse con catro testigos, segundo comenta Luis Urquijo, xefe de xestión de investigacións no CIAM, “los mismos para todo el territorio nacional, y que sirven para hacer un análisis estatístico conjunto”.
Algunhas das variedades testadas, como a Romero, xa se plantan na Limia dende o ano pasado. Este ano formaron o ensaio 11 variedades de trigo de GENVCE, xunto con 3 liñas experimentais propias do CIAM. En este caso, son variedades de inverno de ciclo longo, sementadas a mediados de novembro.
“En este ensayo se ponen en conjunto todas las variedades para poder ver, de una forma objetiva, las diferencias en distintos parámetros”, explica Urquijo, “la madurez, resistencia a enfermedades, o la altura”, aclaró. “Se mejoran variedades que resisten primaveras y veranos muy secos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POSIBLE CONTAMINACIÓN
Axentes ambientais recolleron mostras do vertido na lagoa de Antela, en Sarreaus
O "PRESTIGE" DA LIMIA
A auga da Limia tórnase vermella en Sarreaus
COIDADO DOS MAIORES
O proxecto Coblages apoiase no traballo do CDR O Viso
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador