DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL
Paula Blanco, traballadora social na Limia: “É fundamental que recuperemos o sentimento de unión e comunidade”
DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL
Co gallo do Día Mundial do Traballo Social que se celebra o 17 de marzo, a traballadora social do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, na comarca da Limia, atendeunos para falar do día a día da súa labor e a realidade social da comarca.
Esta veciña de Xinzo de Limia “de toda a vida”, arrincou a súa andaina no CDR logo de rematar os seus estudos en Santiago. Segundo comenta, esta oportunidade apareceu nun marco de inestabilidade laboral e “collina ao momento, gústame moito o rural e ser de aquí supón un punto positivo para coñecer a zona e aos usuarios”.
Pregunta. Xusto chegas dun acompañamento a un usuario... Como funciona este servizo?
Respuesta. É un asesoramento individualizado para cada persoa que entra polas portas do centro. Atendemos a que lle preocupa, que necesidades ten, e en que lle podemos axudar.
R. Dependendo da súa situación, hai necesidades que logramos atender de xeito máis doado, conseguindo que adquiran certa autonomía e se integren, que é o que nos buscamos.
R.
P. Cales son as principais necesidades que atendes no teu día a día?
R. No meu ámbito do traballo social, o que máis me atopo é poboación migrante, que na súa maioría chega de Latinoamérica -Venezuela, Colombia, Perú-. Estas persoas chegan á nosa contorna pola calidade de vida e a menor necesidade de recursos, pero atópanse co problema actual de vivenda que sufrimos e eles non teñen poder adquisitivo para mercar. Ademais, hoxe aínda hai discriminación e prexuízos e intentamos desmentir os mitos e as falsidades.
R. Por outra banda, na Limia un dos principais problemas que temos é o envellecemento, na maioría moi pasivo e preto da soidade non desexada.
P. Como é o traballo con estas persoas?
R. Nós dedicámonos a achegalos aos recursos especializados da administración que precisen, ou ás empresas. Ademais, acompañámolos durante o proceso e orientámolos no eido laboral para que poidan acceder ao mercado póndoos en contacto coas posibilidades da comarca.
R. A xente que vén ao rural busca unha vida preto da agricultura, na súa maioría vén de zonas rurais e coa intención de quedar. Nós axudamos a formalos e integralos na sociedade con esa intención.
P. Cal é hoxe a vosa maior preocupación?
R. Para min a inclusión social das persoas da nosa comarca, tanto dos migrantes como das persoas maiores e loitar contra a soidade non desexada. Pomos gran parte da nosa atención en como podemos remediala.
R. Estamos creando novos proxectos comunitarios, ademais dos que xa temos, pero non é sinxelo.
R. Precisamos tamén máis compromiso da sociedade e que a xente se anime a participar, que se relacionen cos seus veciños e os coñeza para loitar contra os estereotipos que rodean aos colectivos vulnerables da nosa contorna.
R. É fundamental que recuperemos o sentimento de unión e comunidade, e por suposto está todo o mundo convidado a participar do día a día do CDR.
P. Que actividades facedes para crear comunidade?
R. Esta sábado temos unha andaina na aldea de Piñeira de Arcos, en Sandiás, para que os veciños -e os que queiran animarse- poidan desfrutar dunha mañá agradable en compañía. Ademais, temos outras iniciativas por distintas aldeas da contorna, dende apoio ás familias enfocado na infancia ata actividades para achegar ás persoas maiores aos máis novos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL
Paula Blanco, traballadora social na Limia: “É fundamental que recuperemos o sentimento de unión e comunidade”
AGUAS ROJIZAS
Una cianobacteria tiñe la charca de Sarreaus
POSIBLE CONTAMINACIÓN
Axentes ambientais recolleron mostras do vertido na lagoa de Antela, en Sarreaus
Lo último
ALERTA MEDIOAMBIENTAL
El lucio, una nueva especie éxotica invasora amenaza el río Támega
SEGUNDO ANIVERSARIO
Los discos que giran más despacio que el mundo en el Burgas Disco Club
JUICIO EN OURENSE
Reclama cárcel para su tía por retirar los ahorros de su padre