PRIMERAS FECHAS
David Bisbal incluye a Galicia dentro de su Tour Eternos 2027
O vindeiro venres 22 ás 12 da mañá, no edificio Santa Leonor, a Biblioteca Pública Municipal da Pobra de Trives acolle o evento “Contamaxias” a cargo do mago Paco.
Os cativos de tres anos en adiante gozarán de 50 minutos de maxia divertida co mago presentando un espectáculo de contos e historias a través de xogos e maxia. O Mago Paco pretende a través desta proposta, traballar os contos para os máis pequenos, demostrando que a risa é o elemento principal para sorprender ao público.
Esta actividade está incluída no programa ‘Ler Conta Moito’, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais. Deste xeito, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades achegando a lectura aos máis novos dunha maneira lúdica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERAS FECHAS
David Bisbal incluye a Galicia dentro de su Tour Eternos 2027
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 1 de octubre
Lo último