CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Julio Carballo e a conflagración europea
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Aínda que a súa vida -como veremos- dá para moito máis, tráioo a colación, nestes tempos nos que Europa esmorece na irrelevancia, tomando como desculpa dous artigos publicados en Bos Aires no contexto da Primeira Guerra Mundial, nos que reflexiona arredor de Europa. Como queda dito, respondía ó nome de Julio Carballo Enríquez e foino todo na avogacía penalista ourensá ata que abrazou o republicanismo e con el o anticaciquismo que o todo poderoso Gabino Bugallal non lle permitiu confrontar.
Poderiamos afirmar que este ourensán nacido nun berce ben apañado de Xinzo de Limia, foi precoz en moitos aspectos e aprendeu moi pronto a navegar nos procelosos mares da xudicatura e das leis, non só nacionais, senón tamén internacionais.
Tan só así se entende que en 1889 -tres anos despois de conseguir a licenciatura en Dereito Civil e Canónico-, viaxe a Centroamérica “contratado por el gobierno de Panamá para desempeñar la cátedra de Derecho romano y Economía política”.
Son anos de aprendizaxe dun mozo ó que lle fervía o sangue por afondar nas distintas ramas do saber legal. Pero a emigración non formaba parte daquela dos seus anceios -malia que fose unha emigración privilexiada- e cinco anos despois estaba de regreso en Ourense actuando como avogado fiscal na Audiencia, pero facendo valer tamén a súa experiencia centroamericana, xa que ó mesmo tempo é nomeado cónsul da República de Guatemala na Coruña e Ourense, consulado que logo se ve incrementado tamén co de Costa Rica.
A partir dese momento, Carballo abre bufete en Ourense e, fose con intención ou non, convértese nun “acreditado” avogado penalista, que se ve defendendo ou acusando ós autores dalgúns dos homicidios máis mediáticos do Ourense finisecular.
Casos coma o homicidio de María Josefa Varela -viúva do xurisconsulto Francisco Blanco Calabozo e familiar dos Santamarina- a mans dun mozo doutra coñecida familia, Luis Vázquez Moreiro, quen lle foi pedir mil pesetas á casa e ó non lle ser concedida a petición, acometeuna cunha navalla e acoitelouna. Ou o non menos popular “crime da Burga”, dotáronno dun gran prestixio profesional.
Neste segundo homicidio Carballo actuou como acusación. O suceso causou unha gran conmoción dada a popularidade da panadería da rúa da Burga. O dono acababa de traspasarlle o negocio ó fillo casado e o solteiro -ambos levaban anos de disputas- quixo vingarse e acoitelou ó seu irmán, así como á cuñada, cando esta acudiu en defensa do seu marido. A cuñada acabouse salvando, pero o irmán non. O homicida foi condenado a cadea perpetua e trasladado a Melilla.
Paralelamente, neses anos Carballo mantén tamén unha activa vida social. Preside a “Sociedad Artística”, é elixido concelleiro e forma parte do círculo republicano ourensán a carón doutros nomes coñecidos coma José Ojea ou Serafín Temes. Dirixe o xornal “La República” e enfróntase abertamente ós seguidores do gran cacique de Ourense, Gabino Bugallal, o que comeza a xerarlle problemas, non só profesionais, senón tamén persoais. Opta a unha praza de Notarías, pero non a consegue, polo que -decepcionado- decide emigrar.
“Fue allá por 1900, cuando los que entonces eramos jóvenes y participábamos del ansia de renovación nacional” -di o anónimo obituario do “Correo de Galicia” de Bos Aires-, coincidiron nunhas conferencias de Unamuno no Liceo ourensán.
Daquela “se oponía con detrimento de sus intereses al cacicato liberal”, razón pola que tivo que emigrar, concretamente a Bos Aires, a onde chegou en 1910.
“Pero no era esta tierra tampoco lugar propicio para Julio Carballo. Su talento positivo, pero poco audaz, no se amoldaba al medio ambiente donde hay que abrirse paso a gritos y dentelladas”. Non fixo fortuna -continúa-. “Hombres como Carballo no aspiran a ella. Les basta con la riqueza de su conciencia, que jamás supo hacer traición a ningún principio honrado y caballeresco. No lega, pues, a sus hijos bienes materiales, pero si una vida honradísima y el lustre de un abolengo que supo mantener dignamente, aún en los momentos de mayor adversidad”. O cal, sinceramente, semella non ser pouco legado.
Era o mes de maio de 1928.
Aínda que o autor anónimo do seu sentido requiem resumiuno así, a vida de Julio Carballo en Bos Aires non foi tan anodina como el deixou entrever.
Carballo viaxa a Arxentina en marzo de 1910, na compaña do que fora director de “El Miño”, Álvarez de Novoa, e faino como correspondente de “Vida Gallega”, implicándose logo en iniciativas destinadas a axudar á emigración galega, como na comisión de prófugos para evitar a súa expatriación ou a colaboración nunha homenaxe ós ourensáns de Melilla, co tenente coronel Bernárdez Dorado, ou organizando outros actos con quen ía ser seu valedor na arxentina, Ares de Parga, co que participa na fundación do “Banco Gremial de Bos Aires”, así como en “Acción Gallega”, chegando a ser xefe do gabinete xurídico da “Casa de Galicia”.
Ademais de en “Vida Gallega”, Carballo escribe e dirixe temporalmente o “Correo de Galicia”, a revista “Suevia” e “Nova Galicia”, onde, en marzo de 1917, acaba ofrecendo a súa visión sobre a Primeira Gran Guerra e sobre os países que tiveron algo que ver nela.
Da historia dos pobos “solo prevalece lo que es imperecedero, eterno, inmutable: los principios de justicia porque solamente por la justicia son grandes los pueblos. Esto lo han olvidado Inglaterra, Francia y Alemania. De los Estados unidos ‘vale máis calar’. La ciénaga cuando se remueve su fondo no despide más que miasmas pestilentes”.
De Inglaterra di que “ya era Inglaterra cuando se consumó el más grave atentado que presenciaron los pueblos, el inicuo reparto de Polonia y no tuvo la gentileza de protestar”.
De Francia di “materialista empedernida, jamás tuvo otra norma que el vano deseo atrbuido hoy a los alemanes. Francia, por boca de sus hombres eminentes, considera ea España como una prolongación de África”.
E de Alemania, “genuina representación de la fuerza, al constituirse en imperio e imponer una paz humillante a Francia, hizo germinar en su corazón la tenaz idea del desquite. Como consecuencia, Alemania tuvo que armarse hasta los dientes”.
En consecuencia, resume Carballo, “declaro mi profunda admiración hacia la Inglaterra actual, quisiera ver en Francia la de la Revolución, me deslumbra Alemania purgada en la nueva era y desprecio a los Estados Unidos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Julio Carballo e a conflagración europea
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 12 de enero
INDISPENSABLES Y FRÁGILES
El impacto de las caídas de los servicios digitales creció a lo largo de 2025
Lo último